Compracencia e "postureo" de Feijoó na defensa das infraestruturas de Galicia

Compracencia e "postureo" de Feijoó na defensa das infraestruturas de Galicia

Compracencia e “postureo” de Feijoó na defensa das infraestruturas de Galicia

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, denunciou hoxe a “compracencia e postureo” demostrados por Feijóo na defensa das infraestruturas de Galicia. Criticou a estratexia “nefasta para os intereses de Galicia” de “amosar músculo sen consecuencias reais” á hora de impedir a suba das peaxes da AP-9 ou un retraso mínimo de 20 anos na conexión coa rede europea de mercadorías por ferrocarril.

O responsable socialista anunciou unha iniciativa parlamentaria para paralizar a suba das peaxes que se aplicará dende xaneiro por dúas vías posibles: desbloquear a transferencia da AP—9 ou abrindo unha negociación directa entre a Xunta e Fomento para garantir condicións favorables á circulación na área máis dinámica de Galicia.

Sinalou que debería ser Fomento quen asumira os investimentos que afectan á autopista do Atlántico, que son os que están detrás desta suba de peaxes, e evitando que se lles traslade aos usuarios a través dunha suba de tarifas. Trátase de 300 millóns de euros que, dixo, son “perfectamente asumibles” polo goberno central, que dende o ano pasado reduciu os créditos de Fomento a Galicia dende 1.300 a apenas 800 millóns.

Apuntou que o presidente da Xunta “demostrou que non foi capaz de desbloquear o veto á transferencia, pero a lo menos debera conseguir que non lle suban as tarifas aos usuarios” desta vía.

Mercadorías

O portavoz do Grupo Socialista denunciou a compracencia do presidente da Xunta coas “sorpresas cada vez máis alarmantes” por parte de Fomento, que agora vén de adiar ata 2027 o inicio dos trámites para incluír a Galicia na rede europea de transporte de mercadorías por ferrocarril. Esta decisión paralizará de facto a conectividade ata a segunda metade da década dos 30 fronte á mirada impasible de Feijóo.

Tanto Galicia como Asturias, dixo, padecerán o “déficit de competitividade” ao quedar excluídas dunha liña considerada básica por Fomento, e que si terá o porto portugués de Sines coa fronteira francesa, así como o País Vasco, grazas ao compromiso de Rajoy co PNV “por un puñado de votos”.

Amosou o seu escepticismo diante da fronte común entre Galicia, Asturias e Castela A Mancha promocionada polo presidente galego, que “ten máis que ver cunha posición de postureo que real en relación co goberno de España”.

Financiamento autonómico

Xoaquín Fernández Leiceaga criticou a “pasividade” amosada polo goberno galego e polo propio Feijóo na defensa dos intereses de Galicia fronte ao debate do novo modelo de financiamento autonómico. Trasladou a súa “preocupación” fronte á falla de iniciativa do presidente galego mentres “Rajoy preocúpase de sumar votos e sacrifica os criterios básicos de igualdade”.

Sinalou que “a pelota está no tellado do Goberno estatal”, que está a retrasar inexplicablemente o debate do novo modelo mentres o goberno galego non parece dar sinais da súa defensa dos criterios aprobados na Cámara autonómica co voto favorable do propio Feijóo. Estes inclúen o mantemento da solidariedade territorial, a defensa da igualdade no tratamento entre tódolos españois, e os factores diferenciais de Galicia.

Daquela foi “imposible” acadar o apoio do PP para garantir que Galicia non perdera posicións no financiamento por habitante no novo modelo, un factor “preocupante” e que debera levar ao goberno galego a “recapacitar e asumir” esta condición.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar