Comportamento temerario do Sergas fronte ás inspeccións hospitalarias

Comportamento temerario do Sergas fronte ás inspeccións hospitalarias

Comportamento temerario do Sergas fronte ás inspeccións hospitalarias

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, denunciou hoxe “comportamentos temerarios” por parte da dirección do Sergas fronte ás infeccións hospitalarias. A deputada socialista levou á Comisión de Sanidade a especial incidencia das infeccións pola bacteria kebsiella no Hospital de Vigo, que provocou a alerta do Valedor do Doente diante da Fiscalía.

A deputada socialista sinala á especial incidencia desta enfermidades como consecuencia derivada das deficiencias nas instalacións e na limpeza, así como nun menor dimensionamento das plantillas, que provoca a privatización dos servizos sanitarios.

Acuña lembrou que o Hospital de Vigo posúe “billas e lavabos de deseño inadecuados para garantir a hixiene”, segundo os profesionais, que denuncian a falla de garantías ao verse obrigados a compartir palanganas ou utilizar luvas que se rompen constantemente.

Sinalou ademais a “ineficacia da Xerencia”, que “demorou a toma de decisións” á hora de endurecer os protocolos para facer fronte a esta infección que contaminou xa a 20 persoas. Reclamoulle ao Goberno galego que impoña un sistema de “vixilancia activa” que consiste en analizar tódolos pacientes de forma preventiva, e “non como ata agora, que estiveron agardando a que un doente empeorara para comezar a tomar medidas”.

Reclamou uns protocolos de erradicación desta infección comúns en toda a rede sanitaria, que “non tomou as mesmas medidas por igual en tódolos centros”, co resultado de que un problema que comezou en A Coruña, replicouse despois en Lugo e A Coruña e “agora campa ás súas anchas en Vigo”.

Carmen Acuña lembrou o perigo desta bacteria, a denominada kebsiella, que pode vivir no intestino dun portador sen xerar complicacións malia que resulta difícil de eliminar e ser transmitidas de forma sinxela polo persoal hospitalario ou por un obxecto. Nese momento provoca “problemas serios” nun paciente inmunodeprimido, xa que acaba co falecemento do doente infectado no 50 por cento dos casos.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar