Complicidade no Sergas coas irregularidades do xerente do CHOP

Complicidade no Sergas coas irregularidades do xerente do CHOP

Complicidade no Sergas coas irregularidades do xerente do CHOP

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, denunciou hoxe “complicidade” do Sergas coas irregularidades manifestas do actual xerente do CHOP. No debate dunha pregunta en Comisión, reclamou o cese do alto cargo logo da anulación xudicial do concurso para a provisión do xefe de Psiquiatría por vulnerar os principios de igualdade, mérito e capacidade.

O responsable socialista advertiu que o xerente ten convocado 28 concursos, a 24 só se presentou unha persoa e outros dous foron denunciados e como resultado conta con dúas sentenzas en contra por manipulalos. Ten ademais “enriba da mesa” unha cuestión de incompatibilidade e foi declarado por sentenza xudicial “manifestamente adversario” a un dos que concorreron ao dito concurso.

Dixo que no caso de manter ao xerente no seu cargo, o Sergas “cando cheguen as sentenzas definitivas terán que facelo dimitir, e con el aos superiores que o manteñen por ser cómplices políticos”.

Torrado levou hoxe á Comisión o caso do que fora xefe do servizo de Psiquiatría do Hospital dende 1982 ata 2005 cumprindo os obxectivos “ao cen por cen”, Víctor Pedreira, que ao intentar volver ao posto despois de formar parte da Consellería de Sanidade entre 2005 e 2009 foille comunicado o cese “sen motivación nin posibilidade de reclamar”.

A partir daquel momento comezou un proceso de creación da praza, que tivo que reiniciarse en tres ocasións por recusacións contra o tribunal e que, unha vez que comezou, o proceso rematou cunha sentenza xudicial que anulou o proceso por “vulnerar os principios de igualdade, mérito e capacidade”.

Torrado acusou precisamente hoxe á directora xeral do Sergas, que respondeu á pregunta, por “mentir” ao sinalar que a resolución xudicial non anula o resultado do procedemento. Acusouna que omitir que a sentenza sinala que a actividade administrativa impugnada non se axusta a dereito, debendo ser anulada a mesma.

Dixo que “se vostede ten a sentenza pretende mentirme, se non a ten, quen llela deu está pretendendo mentir e enganala a vostede”. O deputado socialista fixo un relatorio das irregularidades que sinala a dita sentenza e que chegan a acreditar a “manifesta hostilidade, agresividade e trato despectivo” por parte do tribunal contra este aspirante, intentando “primar a un candidato en detrimento do outro”.

Mesmo sinala a discrecionalidade técnica no proceso cando, explicou Torrado, a valoración con dúas puntuacións diferentes do mesmo currículum en dous procesos idénticos co mesmo baremo.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar