Complicidade escandalosa entre Feijóo e Baltar para manter a rede clientelar no reparto de axudas da Deputación de Ourense

Complicidade escandalosa entre Feijóo e Baltar para manter a rede clientelar no reparto de axudas da Deputación de Ourense

Complicidade escandalosa entre Feijóo e Baltar para manter a rede clientelar no reparto de axudas da Deputación de Ourense

A deputada socialista Noela Blanco denunciou hoxe a “complicidade escandalosa entre os gobernos de Feijóo e Baltar para manter unha rede clientelar impropia do século XXI” na Deputación de Ourense. Blanco presentou unha pregunta para denunciar que a institución provincial reparte os fondos para os concellos con criterios “clientelares”.

“Basta de insultar e de faltarlle ao respecto aos alcaldes e alcaldesas”, sinalou a deputada socialista cando o goberno galego negouse hoxe a responder das prácticas da Deputación, que “trata á cidadanía como de segunda e castiga aos que decidiron non votar ao PP nunha mostra de sectarismo político”. Apelou á “responsabilidade directa” da Xunta por canto entrégalle fondos á Deputación e “mira para outro lado” no seu reparto.

Noela Blanco sinalou a proposta dos alcaldes da provincia, que veñen de reivindicar diante da Deputación un Plan Único que permita un reparto de investimentos con criterios de equidade, obxectividade e transparencia. Sinalou que mentres a Deputación de Lugo inclúe o 25 por cento dos orzamentos para obras no Plan Único, a de Pontevedra o 27 por cento e a de A Coruña o 43 por cento, Ourense “apenas chega ao 6 por cento”.

Advertiu que hoxe máis da metade dos fondos son repartidos con criterios subxectivos, e como exemplo puxo os casos de Xinzo da Limia, gobernado polo PP e que recibe 185.000 euros, e de Barbadás, baixo un alcalde socialista apenas recibe 74.000. Reclamou “criterios obxectivos independentemente da cor política”, que suporían 582.000 euros para Xinzo e 534.000 para Barbadás.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar