Completo desleixo na política industrial da Xunta

Completo desleixo na política industrial da Xunta

Completo desleixo na política industrial da Xunta

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, mantivo hoxe un encontro co novo secretario xeral do sindicato CC.OO. Galicia, Ramón Sarmiento, para coñecer á nova dirección do sindicato e analizar conxuntamente a situación sociolaboral de Galicia. Os dous responsables coincidiron en reivindicar unha “política industrial seria” fronte a un goberno autonómico desaparecido.

O responsable socialista tomou nota das propostas do sindicato que, dixo, “nos son próximas” e servirán para “reforzar o noso traballo parlamentario en beneficio dos traballadores e traballadoras de Galicia”. Reclamoulle así ao goberno galego “traballo preventivo” para “evitar que as deslocalizacións empresariais nos sorprendan sen ter capacidade de actuación”.

Fernández Leiceaga e Sarmiento reivindicaron ademais traducir a recuperación económica en “máis emprego e na creación dunhas condicións de traballo e salariais que permitan vivir dignamente en Galicia tanto no sector público como privado”.

O portavoz socialista estivo acompañado hoxe polos portavoces de Emprego e Industia, Noela Blanco e Abel Losada, e o representante sindical acudiu ás instalacións do Grupo Socialista xu8nto cos secretarios de Movementos Sociais, Formación Sindical, Emprego e Acción Sindical, Omar Ceveira, Jesús Castro Baamonde, Carmen Bouza e Roi Fernández, respectivamente.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar