Compensacións polo peche de pesqueirías anunciados con menos de 48 horas de antelación

Compensacións polo peche de pesqueirías anunciados con menos de 48 horas de antelación

Compensacións polo peche de pesqueirías anunciados con menos de 48 horas de antelación

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, reclamoulle hoxe ao goberno galego que lle reclame compensacións ao Ministerio de Pesca para os buques afectados polo peche de pesqueiras con pouca antelación. Toja presentou unha pregunta oral na que sinalou o incumprimento polo goberno galego da proposta presentada polo PP para avisar destes peches con 48 horas de antelación.

“Fan que fan, pero en realidade non fan nada”, así resumiu a deputada socialista o incumprimento, en menos de catro meses, dunha iniciativa aprobada en Comisión o pasado 29 de decembro. Levou ao Parlamento o peche da pesqueira da xarda para as artes distintas de arrastre e cerco de Pontevedra, aprobada o 3 de abril e que entrou en vigor ás doce daquela mesma noite, sen dispor nin de 24 horas.

A efectos prácticos, aquela decisión traduciuse en 40 embarcacións que tiveron que regresar do Cantábrico logo de pescar, no mellor dos casos, unicamente cinco días. Acusou á Xunta de tomarse á lixeira a situación dun sector que “padece as consecuencias da súa ineficiencia”, que nesta ocasión obrigounos a tirar pola borda as contratacións, investimentos, combustible, comida e tódolos gastos que supón unha costeira fracasada.

Toja puntualizou que “ninguén dixo que gobernar fora fácil”, para a continuación reclamarlle ao goberno galego que faga as xestións necesarias diante do goberno central para “poñer os medios e as ferramentas” para protexer a todo un sector que “está sufrindo a súa propia ineficacia”.

Lamentou que a Consellería se limitara hoxe a sinalar a “imperiosa necesidade” de tomar medidas neste sentido, logo de levar cinco meses facendo caso omiso das súas propias iniciativas, e demostrando un lamentable desinterese que lastra unha das principais actividades económicas de Galicia.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar