Colapso sanitario en Galicia

Colapso sanitario en Galicia

Colapso sanitario en Galicia

MédicoA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, responsabilizou do colapso sanitario ao goberno de Feijóo e á súa política de recortes drásticos de persoal e material aplicados dende a súa chegada ao goberno en 2009.

A responsable socialista dixo que “o colapso pasará antes ou despois, a gripe amainará mais pronto ou mais tarde, pero quedarán as complicacións e as secuelas para a saúde de moitos doentes e o grave deterioro do clima laboral”. A situación afecta especialmente a enfermería e aos médicos e médicas de determinados servizos, “fartos do maltrato por parte da administración pública, e que traballar situación límite acaba coa súa motivación”.

Criticou que o goberno chegue a responsabilizar ao persoal por estar de vacacións “cando a realidade é que se reincorporaron cando foron chamados, pero non son suficientes para tapar os buratos que deixaron os recortes de persoal e medios que ten asestado o goberno galego, que se nega a cubrir as vacantes e persiste na diminución das plantillas obrigando aos profesionais en idade de xubilación a abandonar os seus postos.

Os socialistas galegos amosaron a súa solidariedade cos doentes, aos que felicitou por un “comportamento exemplar”, ademais de solidarizarse coa situación dos profesionais e “agradecer o seu esforzo e compromiso” nunha situación que se está a revelar como “insostible”.

Ourense

Neste sentido, reclamoulle hoxe a Feijóo que “libre a Ourense da nefasta xestión sanitaria” que está a colapsar os hospitais públicos grazas aos efectos combinados dos recortes de Feijóo coas decisións da conselleira e a xerente da área sanitaria, a súa curmá Eloína Núñez.

Acuña advertiu que o colapso das urxencias nos hospitais galegos repítese en Ourense, si ben neste caso “mantense dende fai mais días e co colapso engadido dos servizos de medicina interna e neumoloxía” e o aumento inasumible das esperas en atención primaria. Dixo así que este servizo está a dar cita con quince días de retraso nos centros de saúde semiurbáns e “moito maior nos mais urbáns”.

Como exemplo da nefasta xestión da área sanitaria sinalou que fronte á falla de camas seguen sen abrir a “planta – colchón” do Hospital Piñor comprometida pola xerencia no momento de pechalo. A realidade, dixo Acuña, é que “a carencia de camas chega a tal punto que tiveron que abrir o nódulo penitenciario, pedindo permiso a Interior para utilizar as camas reservadas para os presos”.

Vigo

Dixo ademais que o ERE anunciado ao persoal de Povisa “da a puntilla” á atención sanitaria de Vigo e reclámalle ao goberno que responda da xestión dun hospital que, si ben é privado, forma parte da sanidade pública grazas a un convenio asinado polo goberno de Feijóo.

Acuña lembra que o goberno galego continúa sen amosar o convenio asinado co centro e que o PP xustificou no seu momento para manter a un total de 1.500 traballadores que lamentablemente teñen que afrontar agora un expediente de regulación de emprego.

A responsable socialista mantivo hoxe un encontro cos representantes dos traballadores que alertan que a calidade asistencial, xa de por si “axustada e desigual” con relación ao resto da rede pública, xa que conta cunha distinta carteira de servizos e lista de espera, será “imposible de manter” no caso de seguir adiante co ERE.

Ferrol

A deputada ferrolá Beatriz Sestayo esixiulle pola súa banda á Xunta un “plan de choque urxente” para resolver o colapso sanitario que está a vivir a área de Ferrol. Ademais, reclamoulle a reactivación da incorporación do Hospital Naval de Ferrol á rede pública, un proxecto iniciado polo goberno socialista pero paralizado por Feijóo.

Dixo que a toma de medidas urxentes permitiría controlar a situación e a incorporación do hospital Naval paliaría a situación de crise que está a vivir a atención sanitaria na cidade polos recortes de persoal e material aplicados polo goberno do PP. Sestayo dixo que Feijóo e a súa conselleira de Sanidade son “responsables directos das escenas que vivimos na sanidade de Ferrol, coas camillas esgotadas e doentes agardando ata 33 horas nos corredores”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar