Coa proposta da reforma electoral, Rajoy e Feijóo "pasan por alto o papel responsable que debe ter un partido de goberno"

Coa proposta da reforma electoral, Rajoy e Feijóo "pasan por alto o papel responsable que debe ter un partido de goberno"

Coa proposta da reforma electoral, Rajoy e Feijóo "pasan por alto o papel responsable que debe ter un partido de goberno"

O PSdeG anuncia que presentará iniciativas no Parlamento e en todos os concellos de Galicia para dar “un non rotundo” a unha proposta do PP “feita coa calculadora e coas súas sondaxes electorais na man”

“Este tipo de medidas son as que fan medrar o desapego da xente coa política”, lamenta o secretario de Política Municipal do PsdeG, Valentín González Formoso, que lembra que o PSOE non rompeu o consenso nin cando tivo 202 deputados no Congreso

O secretario de Política Municipal da Executiva do PSdeG, Valentín González Formoso, anunciou esta mañá en Santiago xunto co deputado e secretario xeral local, Xosé Sánchez Bugallo, que os socialistas presentarán unha proposición non de lei no Parlamento e mocións en todos os concellos de Galicia para dar “un non rotundo” á “reforma electoral exprés oportunista” que propón o PP “feita coa calculadora e coas súas sondaxes electorais na man” antes das eleccións municipais. O PSOE deu esta mañá 50 roldas de prensa simultáneas en todas as provincias de España, tamén en Lugo, Ourense e Pontevedra.

González Formoso lamentou a “postura irresponsable” de Rajoy e Feijóo “nun momento no que a percepción sobre sistema político e democrático está baixo a lupa e o escrutinio constante de cada cidadán, e no que as forzas políticas temos que ser absolutamente escrupulosas coas propostas que facemos”. O socialista afirma que o PP está “pasando por alto ese papel responsable que ten que ter un partido de goberno, do arraigo e a presenza do PP en todo o territorio do Estado”. Ademais, lembrou que o respecto ás regras democráticas se mantivo sempre na historia de España se non había consenso, incluso cando o PSOE obtivo 202 deputados no Congreso. Por iso confesouse “decepcionado” por “este tipo de medidas, que son as que fan medrar o desapego da xente coa política”, dixo. “Só coas formas xa é suficiente para dicir que non podemos debatir isto, as formas fano imposible”.

O socialista apelou ao “sentido común e o sentido de Estado” de Rajoy para que “non faga caso aos intentos de seducción dos alcaldes que teñen medo a perder as maiorías absolutas e a non poder formar goberno” nos seus municipios. “Estamos esperanzados todavia en que impere a cordura”, dixo. Explicou que as mocións que o PSdeG presentará nos concellos “van reflictir que non se pode sobrerrepresentar ás forzas maioritarias, non se pode eliminar a pluralidade políticas que representan as forzas minoritarias, porque iso nos empobrece politicaente e democraticamente”, e que o PSOE estará “nun posto responsable” neste tema.

O secretario de política municipal da Executiva galega manifestou estar “dacordo co presidente Rajoy e co presidente Feijóo”, pero “co Feijóo do ano 2006 e co Rajoy do ano 2012, cando eles mismos consideraban imposible modificar a lei electoral sen consenso, e incluso Feijóo propoñía ilegalizar no Estatuto de Autonomía modificar a lei electoral” sen maioría cualificada na Cámara. “Non se pode cambiar de criterio en función de como nos vaia o partido”, advertiu.

Pola súa banda, Bugallo criticou que o PP presente esta medida como rexeneración democrática, porque “o pouco que coñecemos dela non vai precisamente na dirección de rexenerar a democracia”, e reiterou a negativa a discutila “en vésperas das eleccións municipais, que teñen que convocarse en marzo, polo que se pretende unha modificación exprés en seis meses”. Ademais lembrou que de aprobala, o PP rompería coa historia e o consenso de 36 anos que o PSOE non se atreveu a romper nin con maioría abosluta nin con apoios suficientes para facelo sen o PP.

O deputado e secretario xeral de Santiago destacou o carácter “ocultista e autoritario” da proposta popular, porque “impón a súa maioría sen consenso e oculta as auténticas razóns e minte, porque só queren cambiar as regras para conservar determinadas alcaldías”. Bugallo afirmou que despois das eleccións pode abrirse o debate para que haxa unha eleccións máis directa dos alcaldes, “pero non é esa intención do PP, senón que a que obteña o 40% automáticamente teña maioría absoluta, e non nos parece que iso sexa respectar a vontade da maioría da poboación, senón buscar triquiñuelas legais para que unha minoría se convirta artificialmente en maioría”, dixo.

O socialista cuestionou os argumentos do PP de que esta reforma pretenda buscar maiorías absolutas que dean maior garantía de estabilidade e de menor corrupción. “Falar deste tema en Santiago é unha auténtica paradoxa. O primeiro goberno con maioría absoluta desde hai 20 anos ten tres alcaldes en tres anos, trece integrantes entre os 15 primeiros imputados, e nove tiveron que dimitir pola súa situación, sete deles condenados por sentenza. Non parece que iso ofreza exemplo de estabilidade”, asegurou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar