Coa Lei de Costas do PP todo parece incidar que tratan de perpetuar a ENCE na actual ubicación

Coa Lei de Costas do PP todo parece incidar que tratan de perpetuar a ENCE na actual ubicación

Coa Lei de Costas do PP todo parece incidar que tratan de perpetuar a ENCE na actual ubicación

Tras o debate da Emenda á totalidade de devolución do Grupo Parlamentario Socialista á reforma da Lei de Costas, o deputado socialista por Pontevedra e Secretario Xeral Local do PSdeG de Pontevedra, Guillermo Meijón, advirte que "todo parece indicar que o Goberno facilitará a pretensión de perpetuar a presenza de ENCE na súa actual localización, en Pontevedra".

Para Meijón, "este é un temor máis que fundado, a tenor da reforma ´á carta´ da Lei de Costas que realiza o Goberno do PP e o feito de que nin desde o Estado nin desde a Xunta de Galicia leven a cabo iniciativas que fagan pensar que ENCE trasladarase".

O deputado socialista por Pontevedra indica que "a reforma que fai o PP responde a intereses privados e non dará solución aos problemas dos núcleos costeiros de Pontevedra".

De feito sinala que "o PP ampárase no conflito das vivendas que, por estar situadas no dominio público, obtiveron unha concesión, para xeneralizar a prórroga de 75 anos a concesións cuxo fin é o aproveitamento lucrativo".

Así, considera que "esta é unha reforma que, lonxe de mellorar a protección do litoral, mellora o patrimonio e a rendibilidade económica dos negocios de determinados colectivos".

"Non é só que se privatice e se desproteja a costa -afirma- senón que se mercantilizan títulos e dereitos públicos, porque con esta reforma a actividade que se desenvolverá coa concesión deixa de ter importancia e o único importante será obter unha concesión que, unha vez obtida, xa se poderá transferir". "Facilítase a especulación pura e dura de títulos de dominio público" -incide.

"Pero o peor, que é o máis grave se cabe -engade- é que se ´exclusivizan´ os títulos e dereitos públicos". "Porque teñen nome e apelidos as concesións e propiedades que queren manter" -acusa.

Así mesmo, o deputado socialista apunta que "esta reforma supón un importante retroceso respecto da regulación vixente en materia de protección ambiental, contradi a normativa da UE e vai en dirección radicalmente oposta á que tenden as investigacións científicas".

En definitiva, mantén que é unha reforma "arbitraria, segundo os intereses que o PP e o Goberno queren defender" e anuncia que "como o PP aprobaraa coa súa maioría -desatendendo a organizacións ecoloxistas, colexios profesionais, expertos e grupos parlamentarios da oposición- desde o PSOE presentaremos un paquete de emendas para tratar de paliar esta reforma desastrosa e interesada da normativa das nosas costas". "Unha costa que, aínda que o PP esquézao, son de todos".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar