Clientelismo confirmado na Dirección Xeral de Xuventude

Clientelismo confirmado na Dirección Xeral de Xuventude

Clientelismo confirmado na Dirección Xeral de Xuventude

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, denunciou “trato clientelar” da Xunta ao repartir as axudas do programa “Parlamento Xove” dos anos 2014 e 2015 da dirección xeral de Xuventude directamente ao número 2 do PP de Teo, Antonio Reyes Sánchez Crespo. Gallego presentará unha interpelación sobre a política de xuventude da Xunta no próximo Pleno do Parlamento.

A deputada socialista presentou ademais unha serie de iniciativas parlamentarias nas que pregunta ao goberno galego por ter beneficiado a este político do PP, ben a título particular ou ben como titular da empresa PREMR. Os contratos, que oscilan entre os 9.000 e os 15.000 euros, serían considerados menores para non ter que presentar concurso público.

A responsable socialista considera o feito un “escandaloso trato de favor” que ven de ser confirmado pola propia dirección xeral de Xuventude ao diario dixital Galicia Confidencial, a quen precisan que os contratos foron concedidos “a título particular” a un dos candidatos do PP de Teo nas eleccións municipais.

Gallego precisa que “o goberno galego ten a desfachatez de especificar que foi contratado como autónomo, co que recoñecen que as axudas foron concedidas a un candidato do PP unica e exclusivamente por ser do PP”.

Prebendas

Feitos como este, engade, confirman que “o pouco que o goberno galego fixo en política de xuventude dende a chegada de Feijóo foi precisamente repartir prebendas”. Advirte que a conselleira de Benestar terá a oportunidade de dar conta deste feito na interpelación que lle presentan os socialistas galegos no Pleno do Parlamento que terá lugar a próxima semana.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar