Clamoroso silencio do goberno galego fronte ao "imposto ao sol"

Clamoroso silencio do goberno galego fronte ao "imposto ao sol"

Clamoroso silencio do goberno galego fronte ao "imposto ao sol"

Placa solarO portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, criticou hoxe o “clamoroso silencio” da Xunta fronte ao “imposto ao sol” que o goberno central vén de impoñer a través do Real Decreto 900/15 que penaliza o autoconsumo eléctrico. Losada presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Industria para aprazar as peaxes de respaldo ao autoconsumo e reducir o seu custe máximo.

O responsable socialista criticou a “tibia defensa” dos consumidores galegos por parte da Xunta no proceso de elaboración do real decreto, no que o Ministerio de Industria fixo caso omiso das supostas recomendacións de Feijóo e impuxo un canon polos sistemas domésticos de xeración de enerxía.

Losada preguntou “por qué o autoconsumo de enerxía non entra nos elementos de estabilización do sistema” que o goberno utiliza como xustificación para disparar a factura da enerxía. Criticou a defensa pechada das empresas eléctricas mentres aumentan os seus beneficios ao tempo que sobrecargan aos consumidores.

O responsable socialista sinalou as informacións coñecidas hoxe que revelan que o recibo da luz medrou en España o dobre que na UE dende o ano 2008, ao tempo que Iberdrola incrementou os seus beneficios un 7 por cento nos tres primeiros trimestres do ano, e Endesa un 17 por cento na primeira metade do ano, de acordo cos datos públicos ata o momento.

Esixiulle ao goberno galego que “demostre algo mais que a súa asistencia aos almorzos informativos en Madrid” presentando un plan que fomente o autoconsumo como factor importante de fixación de poboación no rural e de apoio ás pequenas empresas. Advertiu que a súa xestión “demostra qué intereses defende o goberno, especialmente cando ata o conselleiro delegado de Endesa aplaude o imposto ao autoconsumo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar