Cinismo político da Xunta ao utilizar a devolución da paga extra aos funcionarios

Cinismo político da Xunta ao utilizar a devolución da paga extra aos funcionarios

Cinismo político da Xunta ao utilizar a devolución da paga extra aos funcionarios

A portavoz de Función Pública do Grupo Socialista, Noela Blanco, cualificou hoxe de “cinismo político” o anuncio da Xunta de devolverlle aos empregados públicos a metade da paga extra sustraída en 2012. Lembra que, horas antes deste anuncio, o PP vetaba no Parlamento unha proposta socialista para retirar os recursos contra as sentenzas que obrigan á devolución íntegra da paga.

Considera ademais que o anuncio de volver a pagarlles o salario íntegro a partir de 2017, co que “pretende utilizalos agora que se achegan as eleccións autonómicas porque sabe que van perder o goberno galego e non terán que responder das súas promesas”.

Unhas promesas que, puntualizou, “vanse co vento, como todas as que fai o presidente da Xunta”, aludindo ao compromiso formal, durante a pasada campaña electoral, de non recortar mais o salario dos funcionarios porque a eles “xa non lles pediría mais esforzos”. A súa palabra “esfumouse nun prazo de meses, os que tardou en retirarlles o 40 por cento da extra de 2013, un recorte que se mantivo e aínda permanece vixente hoxe”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar