Cinco anos de desleixo da Xunta co centro de menores de Montealegre -Ourense-

Cinco anos de desleixo da Xunta co centro de menores de Montealegre -Ourense-

Cinco anos de desleixo da Xunta co centro de menores de Montealegre -Ourense-

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, presentou hoxe unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta a reapertura inmediata do centro de menores de Montealegre –Ourense- cun carácter “cen por cen público”. Blanco critica o “desleixo” do goberno galego con este servizo, pechado “por obras” dende hai agora cinco anos.

A responsable socialista critica o trato prestado polo goberno galego aos menores afectados, ingresados por problemas de conduta e que foron incorporados ao centro de Carballeira, xunto con outros menores tutelados pola Xunta, estes sen ningún tipo de problema de conduta.

Alerta ademais do “risco de que se privaticen os servizos ou que continúe reducindo aínda máis o plantel de traballadores, do que xa foron amortizadas 18 prazas”. Esta situación que foi analizada pola Oficina do Valedor xa en 2012, desaconsellando a decisión do goberno galego de trasladar aos menores e instando a revisar unha situación “que non tiña apoio nin en consideracións de orde legal nin de xestión administrativa”.

No informe correspondente ao ano 2016, o Valedor recolle de novo as queixas sinalando que “están a ultimarse as obras de acondicionamento” e fixa a reapetura “nos próximos meses”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar