Ciencia ficción nos orzamentos da Consellería de Industria

Ciencia ficción nos orzamentos da Consellería de Industria

Ciencia ficción nos orzamentos da Consellería de Industria

Abel LosadaO portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, cualificou os orzamentos de Industria para o ano 2015 de “ciencia ficción” por estar apoiados en previsións de crecemento irreais para Galicia. Así o dixo na comparecencia do conselleiro de Industria na Comisión de Orzamentos do Parlamento.

Losada desmentiu que a economía galega vaia crecer un 2 por cento en 2015, tal e como prevé o goberno galego, logo de que “hoxe mesmo o informe Fedea advirte que España tardará 15 anos en recuperar o seu mercado laboral”. Considera “altamente improbable” que a economía galega se recupere sen investimento público e case sen investimento privado polo peche radical da billa do crédito.

Lembrou que o propio goberno galego chegou a anunciar un crecemento do 1,2 por cento para o ano 2014, “unha previsión que tivo que corrixir á baixa ata un 0,9 por cento” cando a realidade é que a finais de outubro Galicia tan só acadou o 0,6 por cento, a metade das optimistas previsións de Feijóo.

O responsable socialista criticou que o conselleiro fale de “novas liñas de actuación” cando “a realidade é que presentan un orzamento absolutamente de déjà vu, idénticos ao ano anterior”. Criticou as etiquetas da “industria 4.0” que vén de acuñar o conselleiro “nun discurso pretendidamente innovador cando a realidade evidencia que o seu orzamento tan só creceu un pírrico 0,05 por cento”.

Losada ironizou sinalando que “a súa capacidade de reconversión orzamentaria é cando menos envidiable” logo de ter acadado un incremento meramente testemuñal e puntualizou que “falar de industria intelixente cando tan só destinan o 0,87 por cento do PIB á I+D convértese en retórica”.

Dixo que os orzamentos de Industria para o próximo ano “céntranse tan só na retórica, a publicidade e a propaganda”, para vestir un discurso baleiro cun investimento de 1,7 millóns de euros tan só para campañas de publicidade e convenios cos medios de comunicación.

Precariedade laboral

Sinalou que a economía galega “non pode ser competitiva coas taxas de precariedade laboral que hai na industria galega neste momento”, creando 1.800 postos de emprego industriais nun ano logo de ter destruído 50.000 e cunha estratexia centrada na austeridade que sitúa a Galicia no camiño dun “país dual” separando cada vez mais aos humildes dos ricos.

Abel Losada asegurou carecer de “esperanza algunha cara unha modificación significativa nas súas liñas de actuación”, logo de constatar ademais que Industria é a Consellería que mais incrementa o número de asesores con relación ao orzamento.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar