Charlotte Goiar presenta ante o Valedor do Pobo, co apoio dos socialistas, galegos unha queixa para esixir que a Xunta “cumpra as sentenzas xudiciais” e axilice a súa operación

Charlotte Goiar presenta ante o Valedor do Pobo, co apoio dos socialistas, galegos unha queixa para esixir que a Xunta “cumpra as sentenzas xudiciais” e axilice a súa operación

Charlotte Goiar presenta ante o Valedor do Pobo, co apoio dos socialistas, galegos unha queixa para esixir que a Xunta “cumpra as sentenzas xudiciais” e axilice a súa operación

“Sufro unha patoloxía xenética grave, o síndrome de Harry Benjamin, e tanto o TSXG como o Supremo ditaron que se realizase unha cirurxía correctiva xenital e que o Sergas asumira o custo”, asegura

A portavoz de Política Social e LGTB do Grupo Socialista, Carmen Gallego, e o portavoz do grupo LGTB dos socialistas galegos 7 Cores, Fito Ferreiro, estiveron está mañá no Valedor do Pobo con Charlotte Goiar, afectada polo Síndrome de Harry Benjamin e que presentou unha queixa na que solicita que se acaten as sentenzas xudiciais que obrigan ao Sergas a facilitarlle unha operación.

“Veño ao Valedor do Pobo porque o Goberno galego non cumpre as sentenzas que obrigan ao Sergas a facerme una cirurxía; eu sufro unha patoloxía xenética, o Síndrome de Harry Benjamin, fun diagnosticada con sete anos, teño 41 e hai dúas sentenzas do TSXG e do Supremo, ademais dunha proposición non de Lei que foi aprobada por unanimidade polo Parlamento de Galicia, pero non teño noticia de ningún trámite ou xestión para axilizar a operación por parte da Xunta”, asegurou aos medios de comunicación Charlotte Goiar.

Goiar solicitou que derivaran o seu caso ao Hospital Clínico de Barcelona, “un centro público no que poderían facerme unha valoración, pero non están facendo nada, por iso veño ao Valedor, para pedirlle que interceda ante a Xunta e poida operarme, curar a miña enfermidade e comezar a miña vida, que xa é hora”.

A sentenza do Supremo é de maio de 2013, “e desde entón estou agardando pola Xunta, dilatan o proceso e creo que hai motivos ideolóxicos, padezo unha enfermidade moi grave, non é unha cirurxía estética, non é capricho”. Á marxe de presentar a queixa (que se adxunta), foron recibidos polo Valedor, José Julio Fernández.

Pola súa parte, Carmen Gallego, manifestou o apoio do Grupo Parlamentario Socialista a Charlotte. “A Xunta ten que acatar as sentenzas xudiciais, que obrigan ao Sergas a sufragar a operación, eu mesma lle pedín a semana pasada á conselleira que atendera a esta persoa, e dí que sí pero despois non fai nada”, dixo.

“É unha actitude hipócrita e incomprensible, a non ser que falemos dunha ideoloxía rancia, que pensa que para o que Charlotte necesita non fai falla que se faga algo desde as administracións públicas”, apuntou a deputada.

En opinión de Fito Ferreiro, “estamos ante un tema de transfobia, o Goberno Feijóo faise as fotos cos colectivos gais e lesbianas pero despois non actúa, son políticas de maquillaxe pero non lles interesa Charlotte”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar