Chantaxe da Xunta aos concellos coas liquidacións dos convenios de escolas infantís

Chantaxe da Xunta aos concellos coas liquidacións dos convenios de escolas infantís

Chantaxe da Xunta aos concellos coas liquidacións dos convenios de escolas infantís

Carmen GallegoA portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Carmen Gallego, denunciou hoxe a “chantaxe” da Consellería de Benestar para obrigar aos concellos a adherirse á Axencia Galega de Servizos Sociais, abandonando o Consorcio Galego de Servizos Sociais ata agora vixente, e “facer pagar polas súas decisións aos concellos e ás persoas usuarias”.

A responsable socialista presentou en rolda de prensa unha circular remitida dende o Consorcio advertindo aos concellos da liquidación do convenio para a xestión da escola infantil, por unha contía fixada unilateralmente dende a Xunta e que en algúns casos chega ata os 600.000 euros. No mesmo comunicado advirte que no caso de formalizar o convenio coa Axencia, a obriga de pago reducirase á metade.

Gallego advirte que a Xunta demostra, como fixo co “taxazo” de Sogama, que utiliza a chantaxe para aumentar unilateralmente os custes sobre os concellos e as persoas usuarias. Acusa ao goberno de forzar aos concellos a asinar este acordo logo de terlles retirado as competencias en materia social aos concellos de menos de 20.000 habitantes, que fican sen orzamentos.

A responsable socialista sinala que a Xunta obvia ademais a obriga de tratar estas decisións en Comisións Mixtas, tal e como figura nos convenios orixinais, para forzar a liquidación duns acordos que teñen unha vixencia de dez anos.

A deputada socialista anunciou unha batería de recursos dos alcaldes socialistas contra esta liquidación, que se negarán a executar os pagos ata que non manteñan un encontro o Goberno para explicar “por qué queren rachar os acordos do Consorcio”.

Se o goberno galego non atende a razóns, dixo, “estudaremos medidas legais e de presión” contra esta decisión, incluíndo unha campaña dende a Federación Galega de Municipios e Provincias, a Federación Española de Municipios e Provincias, e as cámaras lexislativas autonómica e estatais.

Moción

Polo pronto, os socialistas galegos comezarán defendendo unha moción no próximo Pleno do Parlamento, o primeiro do novo curso, para esixirlle á Xunta diálogo e transparencia cos concellos galegos e clarificar así as súas competencias e que “aposte pola cooperación e non polo enfrontamento” na súa relación con estas entidades.

Reclama tamén a restitución dos recortes en materia social que o goberno galego lle veu aplicando ás entidades locais dende hai seis anos, e que replantee a creación da Axencia Galega de Servizos Sociais. Demanda que a representación dos concellos reflicta o seu peso na xestión dos servizos sociais, a pluralidade democrática ou a súa poboación, fronte a un modelo que quere limitarse a cinco representantes “escollidos de forma escura”.

Finalmente, reclama o compromiso de que calquera modificación que se introduza na xestión dos servizos prestados polos gobernos locais e a Administración autonómica “non deberá supoñer nin maior carga económica para os concellos, para as persoas usuarias nin para as entidades do terceiro sector de iniciativa social”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar