Chaman á Xunta a incentivar a aplicación de minicentrais eólicas para autoconsumo

Chaman á Xunta a incentivar a aplicación de minicentrais eólicas para autoconsumo

Chaman á Xunta a incentivar a aplicación de minicentrais eólicas para autoconsumo

José Luis Méndez Romeu reclama “establecer aos cidadáns como produtores” que “non lesiona a ningún sector e reduce a dependencia enerxética”

O portavoz de Economía, Industria e I+D, José Luis Méndez Romeu, instou á Xunta a incentivar as minicentrais eólicas para autoconsumo. O responsable socialista presentou unha pregunta oral na que reclamou que os cidadáns poidan producir a súa enerxía eólica, nunha medida que “non lesiona a ningún sector e reduce a dependencia enerxética”.

O parlamentario socialista puntualizou que esta política industrial incidiría sobre un mercado “cautivo” das grandes eléctricas, mentres o autoconsumo permitiría ademais un nicho de desenvolvemento para as industrias galegas especializadas. Criticou neste sentido que a Xunta teña impulsado –a través da Consellería de Medio Rural- axudas para instalacións de autoconsumo exclusivamente fotovoltaicas obviando a tecnoloxía eólica.

Méndez Romeu propuxo que o Goberno galego impulse o aproveitamento do fondo de compensación de concellos, para que analicen os seus recursos de vento “permitindo as instalacións de enerxía eólica nos lugares que reúnan as mellores condicións”. Instou tamén á sinatura dun acordo entre a dirección xeral de Urbanismo e a Fegamp para adaptar o regulamento urbanístico.

Ademais, sinalou que a actual Lei Galega de Aproveitamento eólico establece un límite máximo de 100 quilovatios para as instalacións de autoconsumo, o que “non é acorde coas características da produción actual” e o desenvolvemento tecnolóxico. Apuntou que o sector está a demandar tamén “axudas para elaborar mapas de vento en áreas de Galicia susceptibles de implantar instalacións deste tipo”.

O responsable socialista reclamoulle á Xunta unha “posición proactiva” para tomar posicións no impulso da industria das minicentrais anticipándose e participando da proposta de real decreto regulando as condicións do autoconsumo da enerxía eólica que debera ter presentado o Ministerio de Industria xa o pasado 9 de abril, e que está a ser retrasado polo Goberno.

Dixo que Galicia, pioneira no desenvolvemento de enerxía eólica, “debe liderar de novo o proceso”, polo que “compre en primeiro lugar dialogar e convencer ao Ministerio de Industria para non adiar os prazos de aprobación do real decreto e integrar as alegacións que presenta o sector”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar