Chaman á participación na manifestación convocada para o sábado polas plataformas das preferentes

Chaman á participación na manifestación convocada para o sábado polas plataformas das preferentes

Chaman á participación na manifestación convocada para o sábado polas plataformas das preferentes

Carmen Gallego anuncia unha relevante e nutrida participación para esixir axilidade, transparencia, publicación dos criterios para entrar na arbitraxe e extensión do sistema de arbitraxe a todos os afectados

Os socialistas esixen a inclusión de todos os afectados na arbitraxe e a cobertura xurídica dos que queiran reclamar xudicialmente. Pedirán no Pleno explicacións á Xunta sobre os criterios que está a empregar coa arbitraxe

O PSdeG-PSOE manifesta a súa satisfacción polo acordo acadado co PP e no que os socialistas “puxemos moito empeño” e polo que se recuperará o 100% do investimento, como reclamaban as plataformas

A viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, ven de manifestar o apoio dos socialistas galegos á manifestación convocada para o vindeiro sábado, día 2 de febreiro, en Santiago polas plataformas de afectados polas preferentes e obrigas subordinadas de Galicia.

A Coordinadora de Promoción Económica e Emprego da Executiva anunciou tamén que a dirección ten informado aos alcaldes, portavoces e secretarios xerais socialistas para que difundan esta convocatoria e chamen á participación da cidadanía, pois “ calquera de nós poderíamos ter resultado estafados”, apunta Gallego.

Recorda a deputada socialista que hai 43.000 persoas estafadas coas preferentes e unhas 100.000 as afectadas polas obrigas subordinadas.

Anuncia a deputada socialista unha “presenza relevante” de cargos orgánicos, representantes institucionais e militancia nesta convocatoria unánime das plataformas de afectados, coa que “o PSdeG-PSOE quere esixir a devolución dos cartos aos estafados e que a xustiza actúe para que non queden impunes os responsables dos delitos cometidos”, dixo Carmen Gallego.

No primeiro pleno da cámara, no mes de febreiro, os socialistas van defender unha moción que “obrigará ao PP a posicionarse” sobre este anuncio, e esixirán máis medios económicos e humanos para a arbitraxe e incluír nela a todos os estafados. Tamén esixen os socialistas que se fagan públicos os criterios de inclusión e exclusión na arbitraxe e que a Xunta ofreza cobertura xurídica aos estafados se queren acudir aos tribunais.

Os socialistas demandan tamén que NGB informe a todos os clientes que atopen nesta situación e non se teñan decatado da situación.

ACORDO

A Coordinadora de Promoción Económica e Emprego non agocha a satisfacción do PSdeG-PSOE por terse acadado unha solución a través dun acordo no que os socialistas “puxemos moito empeño”.

Culmina un acordo co PP para recuperar o 100% do investimento, como reclamaron sempre as plataforma. Agora “pedimos que se xeneralice a arbitraxe e que na comisión de seguimento poidan participar os usuarios e consumidores.

Desde o PSdeG imos esixir que no control mensual do Congreso a través da Comisión de Seguimento se reclame desde o Goberno a Galicia o que veñen reclamando os socialistas: axilidade, transparencia, publicación dos criterios para entrar na arbitraxe e extensión do sistema de arbitraxe a todos os afectados.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar