"Chafullada impresentable" da Xunta no Porto de Vilagarcía

"Chafullada impresentable" da Xunta no Porto de Vilagarcía

“Chafullada impresentable” da Xunta no Porto de Vilagarcía

O deputado arousán Julio Torrado cualificou hoxe de “chafullada impresentable” o nomeamento do xerente do Sergas como vogal do Porto de Vilagarcía. No debate dunha pregunta oral na Comisión de Pesca advertiu que “asistimos a un exemplo de caciquismo 4.0” no que “nomean a persoas só para levantar a man, cobrar e marchar para casa”.

O responsable socialista sinalou que a nula experiencia do alto cargo de Sanidade no entorno dos Porto da a medida da relevancia que o goberno galego lle da ao Porto de Vilagarcía. Cuestionou a aportación de Fernández Campa a un ente “en entredito” pola xestión dunha presidenta que “reside no sur da provincia, fai 300 quilómetros ao día para vir e non ten contacto nin relación algunha coa cidade”.

Sinalou que “os prexudicados son os veciños e veciñas de Vilagarcía, que ven cómo a política portuaria esmorece e perde capacidade de crear empregos e traer investimentos á cidade”. Mentres, dixo, o Goberno galego dedícase a facer “partidismo vulgar” e “rirse dos cidadáns” a costa do Porto, de onde na anterior lexislatura expulsaran a un representante do Concello só por pedir as contas do gasto no transporte da presidenta e denunciar vertidos á Ría.

Explicacións

O responsable socialista cuestionou as explicacións ofrecidas polo goberno galego a este nomeamento, logo de que hoxe dixeran que se debía á importancia de contar cun perfil sanitario no Porto, ao que respondeu que “para dar algunhas explicacións mellor non dalas”. Preguntou así “se é tan importante, por qué só hai un representante de Sanidade no Porto de Vilagarcía” e sinalou que o resto de portos tampouco contan con ese perfil.

O goberno galego replicou tamén coa suposta experiencia coa que contaba Fernández Campa logo de ter sido vogal tamén no porto de Vigo, onde tamén desempregou un perfil “sanitario”. Torrado respondeu lembrando que daquela era secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, e ironizou co feito de que “un día destes van nomealo bedel pola súa capacidade sanitaria”.

Concluíu que esta “operación” revela que “hai unha política de persoal nefasta no Porto” e que, ademais, “traballar no Sergas deixa libres as tardes” para que o xerente poida acudir ás xuntanzas do ente. Preguntou ademais “se non houbo ningunha voz no PP que dixera que igual non era a persoa máis axeitada”, para criticar a “submisión” do PP local.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar