César Luena: “Galicia é unha nacionalidade histórica e terá un papel fundamental na reforma constitucional que faremos os socialistas”

César Luena: “Galicia é unha nacionalidade histórica e terá un papel fundamental na reforma constitucional que faremos os socialistas”

César Luena: “Galicia é unha nacionalidade histórica e terá un papel fundamental na reforma constitucional que faremos os socialistas”

O secretario de Organización do PSOE, César Luena, asegurou hoxe en Santiago que “Galicia é unha nacionalidade histórica e terá un papel fundamental na reforma constitucional que faremos os socialistas”.

Luena fixo declaracións aos medios xunto a Pilar Cancela, secretaria de Organización do PSdeG, antes de participar nunha reunión interna de traballo con numerosos cargos do partido en Galicia para coordinar a campaña electoral. “Queremos blindar os dereitos sociais coa reforma constitucional e que a igualdade para todos sexa unha realidade”, manifestou o secretario de Organización federal.

Por outra parte, Luena falou da “enorme responsabilidade que temos no próximo mes, temos que deixar atrás a lexislatura da corrupción e a desigualdade, Rajoy gobernou para a minoría e prexudicou á maioría, a fractura social é evidente”.

“Só o Partido Socialista pode liderar unha maoiría alternativa para unha recuperación xusta e para que o estado de benestar sexa unha referencia moral, temos que gobernar con institucións limpas ao servizo dos cidadáns”, engadiu

A secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, apuntou que “o programa electoral dos socialistas terá en conta as cuestións que preocupan en Galicia, a de hoxe é unha xuntanza orgánica para coordinar a estratexia do partido de cara as eleccións xerais”.

CUCPyurWIAARsSe

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar