Cerviño sinala que o informe do Valedor evidencia que a xestión de Feijóo “torpedea” o estado do benestar

Cerviño sinala que o informe do Valedor evidencia que a xestión de Feijóo “torpedea” o estado do benestar

Cerviño sinala que o informe do Valedor evidencia que a xestión de Feijóo “torpedea” o estado do benestar

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia na Comisión de Peticións, Francisco Cerviño, dixo que o informe do Valedor do Pobo evidencia que a xestión de Feijóo “torpedea” o Estado do Benestar. Así o dixo na comparecencia do Valedor no Pleno do Parlamento para presentar o informe de 2010.

O responsable socialista acusou á Xunta de atacar aos piares do Estado do Benestar “cando é mais necesario que nunca” en momentos de crise e con 4,9 millóns de parados debe garantir a sanidade, o ensino, o seguro de desemprego, as pensións ou a atención aos mais desprotexidos. Sinalou que o Estado do Benestar, ademais do papel redistribuidor e de protección, constitúe un “elemento de cohesión e de paz social”.

Instou ao presidente da Xunta a “non abandonar o sentido da compasión” baixo a escusa da eficacia para aplicar as “políticas neoliberais dogmáticas ao estilo Thatcher deteriorando este ben común” e que defendeu onte mesmo o conselleiro de Infraestruturas ao priorizar investimento en obra pública en prexuízo do gasto social.

En opinión de Cerviño, as “políticas reaccionarias” de Feijóo supoñen un “torpedo na liña de flotación da educación pública, mentres o PP amósase “moito mais interesado na transmisión dos valores mais conservadores” que na igualdade de oportunidades e a permeabilidade social, como demostra coa defensa da Lei da Familia.

Cerviño sinalou que o ano 2010 foi o de maior número de queixas formuladas ao Valedor, que bate o récord acadado polos gobernos de Fraga. Lembrou que “na pasada lexislatura o portavoz do PP tocaba a rebato polo aumento de queixas e dicía que era froito da mala xestión do Goberno”, cunhas cifras que quedaron pequenas co nivel de queixas acadadas polos gobernos de Fraga primeiro e agora de Feijóo.

Sanidade

Cerviño solicitou un informe especial do Valedor sobre o financiamento privado dos novos hospitais que “non soluciona” a “escasa eficiencia e produtividade que provoca a xestión ineficaz e pobre” da Xunta que sinala o Informe. Dixo tamén que a xestión das listas de espera por parte da Xunta supón un “ataque contra o Sistema Nacional de Saúde pola vía dos feitos” mentres amosan “escasa vontade de mellora na xestión”.

Por outra parte, anunciou que reclamará a comparecencia da conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, para dar conta da súa reiterada desatención ás peticións do Alto Comisionado sobre a aplicación da Lei de Dependencia, que provocou 17 amonestacións. Dixo que “debe dar conta no Parlamento do seu comportamento de desprezo a unha institución como a do Valedor” e das deficiencias na aplicación da Lei.

Sinalou que o informe pon tamén o acento sobre a contaminación acústica nas cidades galegas, as deficiencias no pago de expropiacións por cuestións urbanísticas, as axudas públicas ao aluguer de vivenda, as deficiencias no ensino especial, a calidade do emprego público, os escándalos do Sergas ou a insuficiente protección dos petroglifos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar