Cerviño reclama conservar o legado de Isaac Díaz Pardo, e di que a mellor homenaxe é a súa preservación

Cerviño reclama conservar o legado de Isaac Díaz Pardo, e di que a mellor homenaxe é a súa  preservación

Cerviño reclama conservar o legado de Isaac Díaz Pardo, e di que a mellor homenaxe é a súa preservación

O deputado coruñés do Grupo Parlamentario Socialista Francisco Cerviño interveu hoxe na Comisión 4ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre a situación do expediente para declarar ben de interese cultural os recintos dos complexos do Castro de Samoedo e de Sargadelos, e do Museo de Arte Contemporáneo Carlos Maside.

Cerviño lembrou que o Parlamento de Galicia aprobou unha proposición en decembro de 2010, coa unanimidade de tódolos Grupos da Cámara, para reclamar que se inicien os expedientes para declarar Ben de Interese Cultural os recintos dos complexos do Castro de Samoedo e Sargadelos, ligados ao Laboratorio de Formas, incluíndo as coleccións e bibliotecas neles contidos; de xeito que o expediente relativo ao Complexo de Sargadelos complete integramente a declaración en vigor.

O deputado criticou duramente a actitude pasiva de Feijoo, xa que trala intervención do Director Xeral de Patrimonio en sede parlamentaria, Cerviño puido constatar “que a Xunta non fixo os deberes”, neste asunto.

Asegura que o máximo responsable desta situación de parálise “é o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo”. Di que Feijoo “non respondeu a súa fama de bo xestor”, e cualificouno “de reaccionario, populista e inútil”

Ademais aludiu ao homenaxe que vai realizar hoxe a Xunta de Galicia a Isaac Díaz Pardo, na Cidade da Cultura. Dixo que o mais importante ¨é salvagardar o seu legado cultural, porque todo o demais é cinismo político baleiro de contido”.

Memoria histórica da Guerra Civil

Cerviño afirma que Isaac Díaz Pardo “pasara a Historia como un defensor da memoria histórica da guerra civil española e da dictadura”, e insistiu “aínda que o PP tenta omitir esta cuestión”, resumiu.

Por ultimo anunciou que visitara o Museo Carlos Maside para coñecer de primeira man como segue a situación do expediente, e que rexistrara novas iniciativas parlamentarias.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar