Cerviño pregúntalle á Xunta no pleno do Parlamento polo uso despectivo de “gallego” como alcume

Cerviño pregúntalle á Xunta no pleno do Parlamento polo uso despectivo de “gallego” como alcume

Cerviño pregúntalle á Xunta no pleno do Parlamento polo uso despectivo de “gallego” como alcume

O portavoz de Lingua do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Francisco Cerviño, preguntará á Xunta no próximo Pleno do Parlamento polo uso despectivo de “gallego” por parte de Aznar como alcume para referirse a Rajoy. Cerviño lamenta que o presidente da Xunta “en vez de defender a dignidade dos galegos e das galegas, saíu a defender ao seu xefe espiritual”.

O responsable socialista quere que a Xunta explique si “cre realmente que o alcume “gallego” foi usado por Aznar coma un eloxio”, tal e como defende Feijóo, cando “contén un indubidable prexuízo xenófobo”. Lembra que, tal e como deixou claro o Parlamento nunha declaración institucional previa, constitúe “un tópico non aceptable, inadmisible no único marco de debate que cómpre defender, o das ideas”.

Cerviño presentou esta iniciativa, que será debatida en Pleno, logo de que o 31 de marzo Aznar dixera literalmente de Rajoy que “Rajoy tiene una gran capacidad para ser presidente, lo que pasa es que tiene su forma de ser, un origen gallego, su ejercicio de gallego”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar