Cerviño esixe á Xunta que libere os cartos das transferencias pendentes da RAG

Cerviño esixe á Xunta que libere os cartos das transferencias pendentes da RAG

Cerviño esixe á Xunta que libere os cartos das transferencias pendentes da RAG

O portavoz de Lingua do Grupo Socialista, Francisco Cerviño, presentou unha iniciativa parlamentaria na que esixe á Xunta que libre os cartos das transferencias pendentes da Real Academia Galega. Sinala que este ente “tería que ter cesado nas súas actividades e tería mesmo que pechar as portas da súa sede se non fose polas transferencias do goberno de España.

Cerviño advirte que o non libramento inmediato destas transferencias “aboca á suspensión de parte das actividades da RAG, cando non a unha suspensión de pagos, incluída a nómina dos empregados”. Critica que “o grave e urxente é que, a día de hoxe, a Xunta aínda non librou un só euro correspondente ao ano 2011, e xa teñen comezados os seminarios de Lexicografía, Sociolingüística e Termigal, así como os cursos de verán”.

Sinala que a RAG “é unha institución esencial da nosa cultura e a nosa lingua” e que ao carecer de recursos propios só pode manterse “cun orzamento sostido polas administracións públicas”. Lamentou o desleixo da Xunta, que ven de reducir considerablemente as transferencias para este organismo dende a chegada do PP ao Goberno galego.

Sinala que no ano 2010 as transferencias regradas procedentes da Xunta foron un 14 por cento inferiores ás de 2009, se ben “foi compensado” cunha transferencia para arranxar o tellado logo dun acordo parlamentario a proposta dos socialistas galegos. estes recortes agudizáronse en 2011, cando volven a diminuír en algo mais do 10 por cento con respecto a 2010 -58.000 euros sobre 568.000-.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar