A Xunta persiste nas políticas lingüicidas coa eliminación de axudas a libros de texto e promoción local do galego

A Xunta persiste nas políticas lingüicidas coa eliminación de axudas a libros de texto e promoción local do galego

A Xunta persiste nas políticas lingüicidas coa eliminación de axudas a libros de texto e promoción local do galego

 

O portavoz de Lingua do Grupo Socialista, Francisco Cerviño, dixo hoxe que a eliminación das axudas da Xunta para libros de texto e promoción local do galego supón que Feijóo “persiste nas políticas lingüicidas, tal e como vimos denunciando no Parlamento”. Anunciou que a próxima semana presentará iniciativas parlamentarias para reverter a situación e derrogar das disposicións publicadas hoxe.

Cerviño fixo referencia así á eliminación das convocatorias de axudas para edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios -400.000 euros- e para promoción do galego nas entidades locais -420.000 euros-, tal e como determinan dúas disposicións publicadas hoxe no Diario Oficial de Galicia.

O responsable socialista considera que esta decisión constitúe “un novo ataque absolutamente violento contra a lingua galega, tal e como ten cualificado o presidente da Asociación de Editores, Manuel Bragado”. Sinala que a medida “enlaza coa derrogación do decreto de uso da lingua no ensino e a eliminación do requisito de coñecemento do galego nas probas de acceso á función pública”.

Engadiu que o PP “executa de maneira implacable unha liña estratéxica para reducir a lingua galega á mínima expresión”, desta volta xustificándose en base a recortes orzamentarios. Sinalou que estas políticas “poden conducir, tal e como anuncian os filólogos, á práctica desaparición do galego en 50 anos”.

Engadiu que esta decisión afecta, ademais de á lingua, tamén ao sistema educativo, xa que a diminución ou desaparición de subvencións a libros en lingua galega constitúe na práctica “un ataque á calidade educativa, que ademais prodúcese nun momento tan delicado da economía poñendo en risco moitos postos de traballo na industria editorial”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar