Cerviño compara a política lingüística de Feijóo coa concepción folclórica da gaita galega

Cerviño compara a política lingüística de Feijóo coa concepción folclórica da gaita galega

Cerviño compara a política lingüística de Feijóo coa concepción folclórica da gaita galega

O portavoz de Lingua Grupo Parlamentario Socialista Francisco Cerviño equiparou hoxe a política lingüística de Feijoo “coa concepción folclórica da gaita galega”. O deputado fixo esta afirmación, trala celebración en Pontevedra por parte da Consellería de Educación, do Dia Internacional da Lingua Materna.

Cerviño acusou ao Conselleiro de Educación “de ser o máximo executor das políticas de desprotección da lingua galega”.

O deputado afirma que a folla de ruta de Feijoo tivo consecuencias nefastas como a derrogación do decreto sobre a lingua galega no ensino primario e na ESO ou a modificación da Lei da función pública para eliminar a obrigatoriedade dun exercicio en lingua galega.

Dixo tamén que o Goberno da Xunta segue tomando medidas restritivas sobre a lingua pola vía orzamentaria. Afirma que se reduciron os orzamentos de apoio discriminatorio á lingua galega, o que está levando á práctica desaparición dos Equipos de Normalización Lingüística. Ademais da minoración das edicións en lingua galega, tanto de libros como de medios de comunicación, e xunto coa perda de tódolos xornais en papel ou dixitais que se editaban en galego.

Por ultimo emprazou ao Conselleiro de Cultura a festexar a lingua galega “con respecto, con compromiso, con seriedade e con propostas que axuden a fornecer e a florecer o noso idioma”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar