Cerviño acusa ao PP de “condenar” aos servizos de normalización lingüística e ás editoriais que publican en galego

Cerviño acusa ao PP de “condenar” aos servizos de normalización lingüística e ás editoriais que publican en galego

Cerviño acusa ao PP de “condenar” aos servizos de normalización lingüística e ás editoriais que publican en galego

O portavoz de Lingua do Grupo Socialista, Francisco Cerviño, acusou hoxe ao PP de “condenar” aos Servizos de Normalización Lingüística e ás editoriais que publican en galego. Así o dixo no debate da Proposición non de Lei para recuperar as axudas da Xunta para libros de texto e promoción local do galego, que foi rexeitada polo PP na Comisión de Cultura.

Cerviño fixo referencia así á eliminación das convocatorias de axudas para edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios -400.000 euros- e para promoción do galego nas entidades locais -420.000 euros-, tal e como determinan dúas disposicións publicadas no Diario Oficial de Galicia o pasado 9 de setembro.

A desaparición destas axudas, dixo, súmase ao recorte dun 50 por cento sufrido nos anos anteriores, aboca á “práctica desaparición” dos Servizos de Normalización Lingüística, que hoxe dependen das axudas das deputacións. Mentres, a  retirada das axudas á edición en galego pon en perigo a estas empresas e os postos de traballo, mentres teñen que destruír os libros de matemáticas de cursos anteriores por estar escritos nesta lingua.

O responsable socialista tomou as valoracións do presidente da Asociación de Editores, Manuel Bragado, quen cualificou a medida de “inconcibible e irresponsable”, e acusou a Feijóo de “operar de forma violenta, parece que está intentando extirpar algo”. Tamén lembrou as  valoracións do escritor Manuel Rivas, quen dixo que “Galicia pasou da sorte de ter un idioma propio a ter un problema lingüístico do que había que operarse”.

Acusou á Xunta de “someter a lingua a unha sorte de darwinismo social” en lugar de protexela, co que, como di Henrique Monteagudo, pode desaparecer “dentro de 40 ou 50 anos”. Sinalou que esta medida enlaza coa derrogación do decreto de uso da lingua no ensino, a eliminación do requisito de coñecemento do galego nas probas de acceso á función pública ou a desaparición das axudas aos medios de comunicación en galego.

Advertiu que o galego está a sufrir un “transcendente descenso no seu uso como lingua habitual”, xa que o número de persoas que usa esta lingua preferentemente descendeu dende o 44,7 ao 31,6 -13 puntos- en só 5 anos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar