Cerimonia da confusión coas oposicións que afecta a máis de 15.000 persoas

Cerimonia da confusión coas oposicións que afecta a máis de 15.000 persoas

Cerimonia da confusión coas oposicións que afecta a máis de 15.000 persoas

O portavoz de administración autonómica e función pública do grupo socialista, Juan Díaz Villoslada, instou hoxe á Xunta no pleno do Parlamento a aprobar de forma urxente a oferta pública de emprego paralizada polo goberno do PP para recuperar as taxas de emprego público estable perdido. O socialista lamentou a “cerimonia da confusión” que afecta a máis de 15.000 persoas pendentes da posta en marcha da OPE, e denunciou o “mal entendido paternalismo” do goberno galego con este tema, que é “unha nova versión do tradicional caciquismo”, dixo.

Villoslada lembrou que Galicia ten aprobados os Orzamentos de 2017 e capacidade legal para poder poñer en marcha a convocatoria pública coa taxa de reposición do 100% prorrogada, sen prexuízo de poder ampliar o número de prazas a través dunha orde complementaria. Ademais, lamentou que a taxa de temporalidade no emprego público en Galicia aumentase un 55% desde 2011 a 2015.

O socialista resaltou a “incapacidade para falar de emprego público e dos servizos públicos de Galicia” do conselleiro, cuxas capacidades de xestión están lonxe das que fai gala, dixo, xa que hai “unha problemática importante” nas súas competencias. Así, afirmou que é incapaz de xestionar as ofertas de emprego de entre 2012 e 2016, con só o 23% das convocatorias aprobadas. A isto hai que sumarlle, engadiu, as sentenzas xudiciais contra os tribunais das oposicións, a falta de negociación cos sindicatos, a modificación unilateral da Lei de Acompañamento ou a política de persoal do Concello da Coruña, que vén de ser tumbada polo TSXG.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar