Centro Público de Atención a persoas con diversidade funcional para Ourense

Centro Público de Atención a persoas con diversidade funcional para Ourense

Centro Público de Atención a persoas con diversidade funcional para Ourense

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, reclamoulle hoxe á Xunta que cumpra co compromiso de abrir un Centro de Atención a Persoas con diversidade funcional na provincia de Ourense. Así o dixo no Pleno do Parlamento de hoxe, no que presentou unha pregunta oral coas demandas da plataforma ProCapOurense.

Noela Blanco reclamoulle ao goberno galego que constrúa un centro terapéutico ocupacional público “con tódolos servizos posibles sen privatizar ningún”, e instou ao conselleiro de Política Social a “non fallarlle” ás familias que foron quén de xuntar 50.000 sinaturas en apenas 15 días, e que merecen “todo o respecto e admiración do Grupo Socialista”.

A deputada socialista lembra que Ourense é a única de toda Galicia que carece dun centro destas características, que atenda ás persoas que teñen que abandonar o centro de Velle ao cumprir os 21 anos. Blanco lembra o compromiso asinado por tódolos grupos parlamentarios para habilitar o centro no CEIP Mariñamansa coa primeira fase en pleno funcionamento en 2017 e a segunda en 2018.

Malia este compromiso, explica, o goberno galego programaba un centro con servizo de atención diurna e residencial, lonxe do centro de servizos específicos terapéuticos ocupacionais que demandan, e con menos da metade das prazas coas que contan os CAPs das demais provincias, un total de 44 fronte ao promedio de entre 80 e 100 de A Coruña, Lugo, e Pontevedra.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar