Centro de atención a persoas con discapacidade para Ourense

Centro de atención a persoas con discapacidade para Ourense

Centro de atención a persoas con discapacidade para Ourense

A deputada socialista Noela Blanco presentou hoxe a iniciativa parlamentaria coa que lle esixirá ao goberno galego que cumpra co seu compromiso de facer un centro público de atención ás persoas con discapacidade de máis de 21 anos en Ourense. Blanco presentoulles esta proposta á Plataforma de Persoas con Diversidade Funcional de Ourense, coas que se reuniu hoxe, antes do debate da iniciativa, mañá no Pleno do Parlamento.

Blanco preguntaralle ao Executivo autonómico polo anuncio feito público antes da última campaña electoral, pero que foi presentado “sen facer ningún tipo de concreción a respecto de cándo se construirá, o número de prazas de que disporá, e se os servizos que se presten serán todos de titularidade pública”.

A deputada socialista explicou que esta pregunta será presentada diante das dúbidas polas modificacións aplicadas pola Xunta ao proxecto orixinal, que “nada ten que ver co que fora anunciado polo goberno galego”. Actualmente, explicou, o proxecto “non recolle os servizos básicos necesarios para este tipo de instalacións e tampouco garante unha xestión totalmente pública”.

Reclamou o “remate da marxinación que sofre a provincia de Ourense”, que padece os retallos e desatención impostos polo goberno galego para ver cómo é a única provincia galega que carece dun centro que garanta a continuidade na atención das persoas con discapacidade.

Sinala que “que Ourense non dispoña dun centro destas características supón auténticos dramas familiares, ao ter que separar centos de quilómetros ás nais e pais dos seus fillos e fillas, e vulnera o dereito a decidir das familias, polo que cómpre dar unha solución áxil e axeitada a esta situación, tal como demandan colectivos sociais” como o que visitou hoxe ao Grupo Socialista.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar