A preparación das autonómicas logo de rematar en xullo a renovación das Executivas Municipais e do Comité Nacional, onde decidirán calendario de primarias

A preparación das autonómicas logo de rematar en xullo a renovación das Executivas Municipais e do Comité Nacional, onde decidirán calendario de primarias

A preparación das autonómicas logo de rematar en xullo a renovación das Executivas Municipais e do Comité Nacional, onde decidirán calendario de primarias

O Secretario de Organización do PSG-PSOE, Pablo García, asegura que o 21 de xullo terminan os procesos orgánicos. Seis meses de debate interno nos que se recolleron ideas e propostas para o programa que os socialistas esperan que a sociedade galega refrende nas urnas

O senador socialista instou á ministra Pastor a ratificar o apoio de fomento as obras e prazos marcados no Pacto do Obradoiro

O Secretario de Organización do PSG-PSOE, Pablo García, comunicou que as agrupacións locais teñen ata o 10 de xullo como data límite para a elección dos seus membros e o Comité Nacional Galego ata o 21 de xullo para constituírse con un total de 484 membros. Unha vez rematado o prazo quedaría completado o proceso orgánico iniciado con Congreso Nacional, onde foi reelixido Pachi Vázquez, como Secretario Xeral.

Pablo García resaltou que a día de hoxe están “renovadas as catro executivas provinciais” despois de “máis de seis meses de longo traballo” onde todas as agrupacións locais se reuniron, falaron e elixiron os seus representantes.

Nestas xuntanzas os socialistas abriron tamén un debate de ideas e propostas co que se está a conformar o programa que os socialistas esperan que a sociedade galega refrende nas urnas nas vindeiras eleccións autonómicas, cuxa celebración o Secretario de Organización socialista, augura nun prazo “máis ben breve”.

Os socialistas fixeron os “deberes” na súa propia casa “nada de designación a dedo”, nin “herdanzas de pais a fillos”. O PSG-PSOE leva traballando seis meses cun obxectivo claro e concreto, propoñerlle os galegos un proxecto “claro e útil”.

Paralelamente, tamén se constituirá o Comité Nacional Galego o día 21 de xullo, unha vez que se elixan os membros das agrupacións locais. Serán elixidos un total de 484 membros, fronte os 357 que posuía o anterior comité. Con isto, os socialistas pretenden fomentar así a participación directa das agrupacións.

O Comité Nacional Galego será o encargado de aprobar o calendario de Eleccións Primarias dos socialistas galegos, que se enviará para a súa ratificación ao Comité Federal socialista. Pablo García estima que o proceso de primarias podería desenvolverse ata o mes de setembro.

MOCIÓN PARA QUE ANA PASTOR RATIFIQUE O PACTO DO OBRADOIRO

Pablo García, na súa condición de senador por designación da Comunidade de Galicia, anunciou a presentación na Cámara Alta dunha moción instando á Ministra de Fomento, Ana Pastor, a ratificar o Pacto do Obradoiro.

O socialista asegura con ironía que “bota de menos” a rolda de prensa semanal onde Agustín Hernández falaba sobre o Pacto do Obradoiro. Acusou á Xunta de Galicia de non volver a pronunciarse o respecto sobre “algo tan importante para eles”.

Os socialistas presentaron tamén varias preguntas e iniciativas no Parlamento de Galicia ao respecto que non obtiveron resposta do Executivo de Feijóo. Non se volveu a saber nada máis do asunto, “aquilo que se considerou un logro, hoxe xa non será tan importante”, reprocha García aos populares, que deixaron de empregar o Pacto do Obradoiro como ferramenta instigadora contra o Goberno de España nada máis chegou Rajoy á Moncloa .

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar