Censuran o pésimo nivel de execución dos orzamentos por parte da Consellería de Pesca

Censuran o pésimo nivel de execución dos orzamentos por parte da Consellería de Pesca

Censuran o pésimo nivel de execución dos orzamentos por parte da Consellería de Pesca

A Xunta recoñece no Parlamento que non vai executar a totalidade dos fondos comunitarios, o que, dixo Soneira, aboca a Galicia á devolución das axudas

Marisol Soneira salienta que só foi capaz de investir o 28,76 por cento do seu orzamento correspondente a 2011, deixando sen executar 137 millóns

Lembra que o Goberno central “fixo desaparecer a pesca dos orzamentos de 2012” e suprime as aportacións á seguridade dos atuneiros que faenan no Índico

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Marisol Soneira, advertiu que o “pésimo nivel de execución” dos orzamentos por parte da Consellería de Pesca supón que é “a que peor xestiona no Goberno galego”. A responsable socialista presentou hoxe unha pregunta oral na Comisión de Pesca na que esixiu á Consellería que dea conta do “absoluto desastre” da súa xestión en 2011.

Soneira sinalou que este departamento “só foi capaz de gastar o 28,76 por cento do seu orzamento correspondente a 2011, deixando sen executar un total de 137 millóns de euros correspondentes a modificacións de crédito que se remontan ao ano 2009 e poñendo a Galicia en risco de perder axudas comunitarias que dependen de que o Goberno galego execute as súas partidas.

Explicou que estes fondos en risco proceden maioritariamente de fondos comunitarios cofinanciados polo goberno galego e que deberan financiar proxectos pesqueiros e marisqueiros que suporían un instrumento de dinamización económica e laboral imprescindible no momento actual.

O secretario xeral da Consellería do Medio Rural e do Mar, Francisco José Vidal Pardo, recoñeceu hoxe que a Xunta non vai ser quén de executar a totalidade dos fondos comunitarios. Soneira advertiu que iso aboca a Galicia a que “no peor da crise teremos que devolver fondos comunitarios por pura incapacidade do Goberno galego”, debido ao remate do período do Fondo Europeo da Pesca, en 2013.

Lamentou que o departamento do Mar da Xunta de Galicia sexa “con diferenza o que peor xestiona os seus recursos”, deixando sen executar 7 de cada 10 euros dos seus orzamentos “por pura incompetencia”. Acusou a Feijóo de facer “prescindible” este departamento e dixo que “agora entendo que o diluíra na Consellería do Medio Rural”.

Dixo que este departamento revelouse como “o mais incompetente e inútil dos que ten a Xunta de Galicia” ao ser “incapaz de investir os seus propios recursos”, e advertiu que mesmo podería obrigar á Xunta a devolver as axudas europeas cofinanciadas polo Goberno galego.

Sinalou ademais que a acuicultura galega leva 3 anos “sen recibir un só peso” da Xunta de Galicia, que renuncia ao potencial de investimento deste sector, mentres o apartado de portos e infraestruturas pesqueiras só executou un 24 por cento dos orzamentos consignados.

A responsable socialista acusou ao goberno galego de “deixar tirados a amplos colectivos sociais dos mais vulnerables”, e lembrou que estiveron sen pagar as xubilacións anticipadas durante todo o ano 2011 e ata o pasado mes de febreiro.

Orzamentos

A responsable socialista tamén presentou hoxe unha pregunta oral logo de que o Goberno central fixera “desaparecer” a pesca dos orzamentos de 2012 incluíndo as axudas á seguridade dos atuneiros que faenan no Índico. Dixo que o Goberno central aplicoulle un recorte “brutal” que duplica o recorte medio e que se dispara ao 73,25 por cento no caso das transferencias ás autonomías para financiar do FEP.

Soneira dixo que Rajoy “fixo desaparecer a pesca da denominación do Ministerio e, a través dos orzamentos, fai que desapareza das políticas do Estado. Así, salientou que o recorte nestas políticas supera o 35 por cento mentres a redución media sitúase no 16,9 por cento, unhas cifras que palidecen diante do recorte do 73 por cento nas transferencias para financiar o Fondo Europeo de Pesca.

A responsable socialista sinala que, mais alá do recorte xeral dos orzamentos destinados ás políticas pesqueiras, no tocante aos programas e partidas concretas as reducións “comprometen seriamente as políticas de pesca das comunidades autónomas, e moi especialmente a da primeira autonomía pesqueira, que é Galicia”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar