Censuran o escaso peso negociador de Feijóo ante industria respecto ao concurso eólico e esixen que rinda contas ao Parlamento sobre o futuro do sector

Censuran o escaso peso negociador de Feijóo ante industria respecto ao concurso eólico e esixen que rinda contas ao Parlamento sobre o futuro do sector

Censuran o escaso peso negociador de Feijóo ante industria respecto ao concurso eólico e esixen que rinda contas ao Parlamento sobre o futuro do sector

Méndez Romeu, portavoz de Industria do Grupo Parlamentario Socialista, anunciou unha serie de iniciativas para que o Goberno compareza e explique por que ningunha das súas propostas foron tidas en conta nin no tema das primas, nin do rexistro de asignacións nin agora na nova fiscalidade

Afirma que Feijóo faltaba a verdade cando afirmou que este ano estarían instaladas ou en marcha todos os parques concedidos, cando en realidade non se instalou ningún ata agora

Méndez presentou tamén unha iniciativa sobre a reforma da Lei de Bases de Réxime Local que impulsa o Goberno e que a xuízo do socialista provocara a privatización da meirande parte do sector público local español

O portavoz de Industria do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Luis Méndez Romeu, ven de anunciar unha serie de iniciativas para coñecer a valoración da Xunta respecto do estado actual do Concurso Eólico, así como da repercusión económica que terá a aplicación do Imposto de Transmisión de Patrimonios e a situación das xestión feitas ante o Ministerio de Industria para garantir a viabilidade financeira dos parques adxudicados.

En definitiva, as iniciativas do deputado socialista veñen a procurar unha resposta sobre o incumprimento por parte do Executivo galego da Resolución 75 do Parlamento, aprobada por unanimidade, na que se esixía á Xunta dar conta semestralmente do grao de cumprimento dos plans de industrialización derivados do concurso eólico.

Méndez Romeu recolle nas súas iniciativas o malestar expresado polo sector pola “inacción” da Xunta, cando as empresas tiñan cumprido a súa parte, realizando os investimentos iniciais e pagando o canon eólico. Denuncian as empresas que agora o supresión das primas á produción o Impostos de Transmisións Patrimoniais e o peche do rexistro de asignacións fan inviable un negocio, cuxa única saída rendible pode ser a venta das concesións administrativas que aínda posúen.

Considera o responsable socialista da área de Industria que a situación pola que pasa o sector da enerxía eólica indica, como denuncia tamén o sector, “o nulo peso de Feijóo e da Xunta diante do Ministerio de Industria”, afirma Méndez que “ningunha das súas propostas, se é que as houbo, foron tidas en conta”, nin no tema das primas, nin do rexistro de asignacións nin agora na nova fiscalidade.

A situación ten chegado a un extremo que a propia Consellería de Industria consideraba xa inviables 1/3 dos megavatios concedidos, e hai poucas semanas a adxudicataria de máis de 300MW, anunciaba que todos os seus proxectos quedaban en cuarentena.

O deputado socialista afirma que, cando o presidente da Xunta dicía que este ano estarían instalados ou en marcha todos os parques eólicos concedidos “faltaba á verdade literalmente, porque o certo é que o ano vai rematar sen ningún parque instalado, co plan industrial totalmente irrealizable, sen o investimento de 6.000M€, sen o emprego de valorado en 13.000 postos de traballo, tento perdida a posición de liderado en España e mesmo vendo como a industria de compoñentes está a ser deslocalizada”.

Por iso os socialistas presentan unha serie de iniciativas que permitan coñecer “que vai facer o Goberno a partires de aquí”, apuntou Méndez.

A REFORMA DA LEI DE BASES IMPULSADA POLO GOBERNO DO PP PRETENDE PRIMAR A PRIVATIZACIÓN DE SERVIZOS SOBRE AS SOCIEDADES MUNICIPAIS E AS MANCOMUNIDADES

O portavoz de Industria do Grupo Parlamentario Socialista, José Luis Méndez Romeu, asegurou que coa Lei de bases de Réxime Local impulsada polo Goberno do Estado, dos 315 concellos existentes en Galicia só se manterían 22 coas súas competencias. Esta reforma afectaría a un total de 293 concellos da comunidade galega. Aclara que esta lei establece a fronteira dos 20.000 habitantes para aqueles concellos que teñan problemas económicos.

O deputado socialista explicou que a nova lei o que propón “é quitarlle os poderes os concellos de menos de 20.000 habitantes que teñan problemas económicos e sexan así competencia da Deputación correspondente”. “Este umbral que propón o goberno é tan artificial coma outro calquera”, afirmou. Así “seguirían existindo corporacións locais sen competencias e institucións provinciais que asumirían as competencias municipais pero non estarían suxeitas á elección directa dos cidadáns”, sentenciou.

En canto ás débedas que teñen hoxe en día os concellos, Méndez sostivo que “non é certo” que estas institucións sexan “culpables da súa débeda pública”, de feito, “a gran parte da débeda pertence o Concello de Madrid e ademais a maioría dos concellos galegos están por encima deses 20.000 habitantes”.

Méndez Romeu acusa aos populares de pretender, coa reforma da LBRL, propoñen a “liquidación do marco local”. O que buscan é “provocara a privatización da meirande parte do sector público local español”.

E esta é a lóxica da reforma da lei para os populares, segundo Méndez, “non é unha lóxica que teña que ver co déficit, nin ten que ver coa capacidade de xestión nin coa proximidade aos cidadáns, nin sequera se ten posto de manifesto que no momento actual os servizos locais estean mal prestados na maior parte dos concellos”. Explica que “estas institucións fan o que deben e ademais fan o que deberían de facer outras administracións, por exemplo, os centros de ensino infantil, o sostemento de centros de saúde en Galicia e a participación do ensino obrigatorio,entre outras”.

Os socialistas propoñen, mediante unha interpelación o Regulamento da Cámara, “que se faga unha reforma total e non parcial da Lei de bases de Réxime Local”, que se recoñezan os dereitos dos cidadáns fronte a estas competencias que quere implantar o goberno e ademais reclaman “o principio de transparencia” que se aplica nestes momentos nas Administracións Públicas.

O grupo parlamentario socialista solicita que se “clasifiquen” as competencias dos concellos para que as Administracións asuman cada unha delas unha función. O deputado socialista asegura que os expertos informan que esta lei podería ter un “risco serio de inconstitucionalidade”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar