Censura encuberta da Xunta aos autores galegos

Censura encuberta da Xunta aos autores galegos

Censura encuberta da Xunta aos autores galegos

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, denunciou hoxe a “censura encuberta” imposta polo goberno galego na selección de autores que participarán na XLV edición da Feira Internacional do Libro de Bos Aires. O certame celebrarase entre finais de abril e comezos de maio e este ano convida á cidade de Santiago de Compostela.

Méndez Romeu presentou unha pregunta oral na Comisión de Cultura do Parlamento de Galicia na que criticou a ausencia de criterios obxectivos do goberno galego para escoller e excluír aos autores galegos que vaian participar deste encontro. “Alguén decidiu quén non ía, e non foi un xurado de recoñecido prestixio, foi unha decisión súa, compartida ou non co Concello de Santiago de Compostela”.

O responsable socialista lamentou a ausencia de recoñecidos autores galegos “dos que máis teñen escrito sobre esta cidade”, de recoñecida traxectoria e obxecto de galardóns fora das fronteiras de Galicia. Sen embargo, lamentou, “a día de hoxe non se coñece o criterio da Xunta nin dos asesores que formaron parte da selección” que tamén deixou fora a tódolos representantes das artes escénicas e musicais.

Méndez Romeu salientou a importancia da homenaxe á cidade galega no máis importante certame literario de iberoamérica, que na súa última edición superou as 1,2 millóns de visitas e que dispuxo de 1.500 stands de máis de 50 países repartidos nun recinto de 45.000 metros cadrados.

Santiago de Compostela sucederá na homenaxe a cidades como Ámsterdam, Sâo Paulo ou México DF, o que da a medida, dixo, da importancia deste convite, que foi entendido pola Xunta como unha invitación a toda a cultura galega, e como tal decidiu facerse cargo de toda a organización e custes da visita.

A súa participación e os seus criterios xa recibiron importantes críticas mesmo do propio presidente da Real Academia Galega, que tamén cuestionou os criterios da Xunta para conformar a representación de autores e persoeiros e a selección das obras que serán presentadas.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar