Celebra que Fomento se comprometa a continuar o proxecto de entrada do AVE na cidade de Ourense tal e como estaba previsto

Celebra que Fomento se comprometa a continuar o proxecto de entrada do AVE na cidade de Ourense tal e como estaba previsto

Celebra que Fomento se comprometa a continuar o proxecto de entrada do AVE na cidade de Ourense tal e como estaba previsto

A preguntas do senador Miguel Fidalgo na Comisión de Fomento, o secretario de Estado de Infraestruturas explicou que os temas técnicos de cota e razóns económicas condicionarán o acceso do AVE dende o sur e a decisión final de trazado ferroviario

O senador socialista conseguiu o compromiso de Catalá de revisar os prezos, abonos e ofertas tarifarias do AVANT Ourense-Santiago

O senador e Sº de Organización do PSdeG, Pablo García, ironizou sobre a xestión deste Ministerio, que “ten un modelo a patentar da cuadratura do círculo”, xa que “no global todo se vai reducir pero no local, a preguntas concretas de cada territorio, nada se vai paralizar”

Sobre o traspaso de titularidade da AG53, Fomento non aclarou nada pese a estar reclamado pola Xunta. Respecto da peaxe, Pablo García subliñou a discriminación que sofren os cidadáns de Ourense e de Lalín cunha das peaxes máis caras de España

O senador socialista pola provincia de Ourense, Miguel Fidalgo, repasou na Comisión de Fomento a situación das infraestruturas importantes para a provincia de Ourense que dende a entrada do Goberno do PP sufriron un parón pese ao compromiso da ministra Ana Pastor de continuar as obras postas en marcha polo anterior Goberno socialista.

Fidalgo recordou que se trata de obras moi necesarias que fan xustiza a Galicia, e que en moitos casos se financian con fondos europeos, polo que despois de estar paradas durante seis meses demandou “se continúen todas as actuacións”.

Respecto da entrada do AVE en Ourense, o senador ourensá celebra que “por fin se aposte por continuar os proxectos en base a condicionamentos técnicos e económicos, sen aventuras”, e se retome a xestión do AVE de acordo co Concello de Ourense, que debe ser quen decida sobre unha cuestión fundamental para a cidade.

Nunha intervención na que o Goberno do PP non deu prazos porque “afirma que non é o seu estilo, Catalá respondeu a Fidalgo sobre a A76, afirmando que segue pendente do informe de impacto medioambiental e que a dotación orzamentaria de 220.000 servirá para encargar o estudo do proxecto neste ano 2012.

Neste mesmo sentido, sen dar prazos, Fomento asume como prioritaria a entrada á cidade de Ourense da A56 Lugo-Ourense, e compromete para este ano 2012 a adxudicación da circunvalación do Barco de Valdeorras.

Titularidade e peaxe da AG53, ampliación de Rande e aeroporto de Santiago

Respecto da situación da AG53, o secretario de Estado só deixou claro que non subirá o prezo da peaxe. A preguntas dos senadores Miguel Fidalgo e Pablo García, que subliñaron a discriminación que sofren os cidadáns de Ourense e de Lalín cunha das peaxes máis caras de España, Catalá dixo que calquera decisión sobre a titularidade desta autopista se tomaría de forma coordinada coa Xunta de Galicia, porque non hai unha posición definitiva tomada, senón que se estaba redefinindo o modelo.

García recordou que a Xunta reclamou xa a titularidade desta vía, e tamén da AP9, e lembrou que a rebaixa do prezo da autopista AG53 foi reclamada durante anos polo alcalde de Lalín e comprometida por Feijóo tanto na campaña das autonómicas, como das xerais.

O secretario de Organización do PSdeG e senador, Pablo García, ironizou na Comisión de Fomento sobre a xestión deste Ministerio, que “ten un modelo a patentar da cuadratura do círculo”, xa que “unha vez escoitadas as explicacións de Rafael Catalá vemos que no global todo se vai reducir pero no local, a preguntas concretas de cada territorio, nada se vai paralizar”.

Así, García considera que non se aclara o futuro da ponte de Rande nin como se vai solucionar as aglomeracións de tráfico nesta infraestrutura e nas inmediacións do aeroporto de Santiago. Segundo dixo Catalá están analizando as posibilidades, porque se trata dunha obra moi costosa, de 300 millóns de euros, e pode ocorrer que ampliar Rande só traslade os atascos ás inmediacións da ponte.

Tamén a unha pregunta do senador García, o Goberno anunciou estar aberto e que será flexible á iniciativa empresarial ou comercial para dar uso ás antigas instalacións do aeroporto de Santiago, ás que non se lle vai dar ningún uso aeroportuario.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar