Catorce meses sen resposta da Xunta sobre as inundacións de Sada

Catorce meses sen resposta da Xunta sobre as inundacións de Sada

Catorce meses sen resposta da Xunta sobre as inundacións de Sada

O parlamentario autonómico Juan Díaz Villoslada criticou hoxe a “falla de respecto institucional” co Concello de Sada, ao que leva catorce meses anos sen dar resposta á petición de axuda para paliar o risco grave de inundacións. Así o dixo no debate dunha pregunta oral en Comisión Parlamentaria na que lamentou a desatención ao Concello para afrontar este risco.

Díaz Villoslada criticou a “falla reiterada de contestación” por parte tanto da Consellería de Medio Ambiente como de Augas de Galicia, que nin sequera deron por recibido o acordo unánime do Concello de Sada. Aquel texto foi aprobado en marco de 2016, para reclamar “colaboración financeira e técnica”, e do que “si que deu acuse de recibo ata o Ministerio de Agricultura”.

Censurou a “contrastada falla de sensibilidade” do goberno galego cos compromisos medioambientais, como ten demostrado tanto coa situación do Concello, a rexeneración da praia de Sada ou cos retrasos da dragaxe da Ría do Burgo.

Díaz Villoslada lembra que o Concello de Sada é unha zona cun risco de inundación probable, como se constatou precisamente a finais de marzo do ano pasado, cando rexistrou “as maiores inundacións das que se ten constancia”.

Ao día seguinte foi aprobado por unanimidade no Pleno do Concello unha petición de axuda financeira e técnica dirixida a Augas de Galicia, que ata o día de hoxe non foi atendida, e nin sequera respondida. Lembrou que o Concello carece de competencias e de medios tanto para avaliar o risco de inundacións como para tomar medidas para previlas.

A pesares diso, o Concello viuse obrigado a encargar un informe a Emalcsa e á Universidade de A Coruña, que constatou “a necesidade de analizar futuras actuacións no ámbito da hidroloxía superficial nas concas dos ríos que verten en Sada”, xa que a impermeabilización da superficie supón unha ameaza de inundacións aínda máis catastróficas.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar