Carmen Gallego sinala que a defensa numantina do copago sanitario e a mentira sobre o aborto de Feijóo amosan a súa “verdadeira faciana de dereita extrema”

Carmen Gallego sinala que a defensa numantina do copago sanitario e a mentira sobre o aborto de Feijóo amosan a súa “verdadeira faciana de dereita extrema”

Carmen Gallego sinala que a defensa numantina do copago sanitario e a mentira sobre o aborto de Feijóo amosan a súa “verdadeira faciana de dereita extrema”

A portavoz de Políticas Sociais acusa ao presidente da Xunta de pasar de recortar os servizos públicos a recortar dereitos individuais “amosando a súa ideoloxía mais reaccionaria”

Sinala que a “ideoloxía de Feijóo permite unha exposición sobre a Madre Teresa de Calcuta nun edificio administrativo de Vigo, atenta contra as mulleres e os doentes e ten paralizada dous anos unha operación de cambio de sexo”

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Carmen Gallego, advertiu hoxe que Feijóo está a amosar tanto na aplicación do copago de medicamentos como na defensa do aborto a súa “verdadeira faciana de dereita extrema”. A responsable socialista criticou que o presidente da Xunta “pretende pasar como moderado centrista pero en realidade amosa a ideoloxía mais reaccionaria”.

Gallego criticou que a “postura numantina de castigar aos mais enfermos” ao empecinarse en aplicar o copago de fármacos hospitalarios dende o próximo 15 de xaneiro. Sinalou que Feijóo pasou de recortar os servizos públicos a directamente recortar dereitos individuais mentres a propia secretaria xeral do PP, Dolores de Cospedal, anuncia que non aplicará na súa Comunidade Autónoma un copago que impón o goberno do seu partido.

A responsable socialista advertiu que o propio Feijóo votou en contra da retirada do copago cando foi proposta polos socialistas no Parlamento de Galicia e reclamoulle que “esixa que se retire” por parte do goberno central. Ademais, dixo, o presidente da Xunta debe “non aplicar unha medida cruel coas enfermidades mais graves” e preguntoulle “qué vai pasar coas persoas que non poidan pagar, van deixar que morran?”.

Carmen Gallego sinalou que mentres o presidente da Xunta chama a recuperar o consenso sobre o aborto acadado na Lei de 1985 para “disfrazarse de piadoso” e esquecer que “o único consenso que houbo foi que o PP votou en contra da Lei de 1985 e recorreuna ante o Tribunal Constitucional”.

Lembrou que tamén votou en contra da modificación desta Lei para adaptala á doutrina do Constitucional, tal e como foron os únicos que votaron en contra da Lei de 2010. Gallego reclamoulle ao PP que deixen a Lei de 2010 que “permite ás mulleres decidir sobre a maternidade, e que non decidan Feijóo, Rajoy nin os bispos”.

Ideoloxía

A deputada socialista dixo que a ideoloxía reaccionaria do PP é “a mesma que autorizou a exposición sobre a Madre Teresa de Calcuta” no edificio administrativo da Xunta de Vigo. Gallego presentou unha iniciativa parlamentaria para que a Xunta retire esta mostra, xa que, dixo, “impón un credo relixioso ás persoas e traballadores que teñen que acudir ás dependencias da Xunta.

Lembrou que os edificios do goberno deben “permanecer aconfesionais”, e lembrou que hai diversos espazos dispoñibles para facer exposicións aos que os cidadáns teñen a liberdade de asistir ou non.

Lamentou que “esa mesma ideoloxía que permite esta exposición, atenta contra as mulleres e os doentes impide que o Sergas cumpra coa sentenza do Tribunal Superior de Xustiza para facer unha operación de cambio de sexo en Vigo, paralizada dende o ano 2012”.

Acusou ao goberno galego de “enganar” á persoa que está agardando a operación cando afirman que queren derivala a Andalucía cando “a realidade é que temos comprobado que non fixeron ningunha xestión con aquel goberno”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar