Carmen Gallego recriminan á Xunta que teña pechado a arbitraxe de consumo para as preferentes e esixe a Feijóo que cumpra a palabra e garanta a total recuperación dos cartos atrapados

Carmen Gallego recriminan á Xunta que teña pechado a arbitraxe de consumo para as preferentes e esixe a Feijóo que cumpra a palabra e garanta a total recuperación dos cartos atrapados

Carmen Gallego recriminan á Xunta que teña pechado a arbitraxe de consumo para as preferentes e esixe a Feijóo que cumpra a palabra e garanta a total recuperación dos cartos atrapados

A parlamentaria socialista preguntou no Pleno polos motivos polos que, a pesares da boa relación entre os gobernos populares prevaleceu a decisión da entidade

Censura que dependa dunha decisión do Goberno que hoxe haxa persoas cos aforros da súa vida atrapados e outras os teñan recuperado integramente

Manifestacion preferentesA parlamentaria socialista, Carmen Gallego, a través dunha pregunta en Pleno, ven de esixir hoxe ao Goberno explicacións polo peche da vía da arbitraxe administrativa e sobre o anuncio do Presidente Feijóo sobre o anuncio dun acordo coa xudicatura para axilizar as sentenzas e a apertura dunha conciliación ou arbitraxe xudicial no caso das preferentes e subordinadas.

A deputada socialista acusa ó Goberno de Feijóo de pretender instalar na opinión pública que a problemática de milleiros de galegos e galegas atrapados na estafa das participacións preferentes e obrigas subordinadas está practicamente solventada.

A deputada socialista reclamou ao conselleiro de Presidencia, encargado da resposta, que se explicaran os motivos polo peche da arbitraxe a través do Instituto Galego de Consumo, pois “entendemos que a caixa galega é do FROB, logo do Goberno de España, co que teñen tan boa relación”.

Denuncia Gallego que aínda hai case 600M€ atrapados nas preferentes e obrigas subordinadas de Novagalicia Banco, ao tempo que a entidade xa declarou beneficios en setembro de 90M€ antes de impostos. Un feito que parece á socialista “pouco ético”, porque “seguramente a entidade estea a presumir duns beneficios a costa dos cartos atrapados”.

A parlamentaria socialista insistiu na defensa de que a arbitraxe “non pode ser diferente para uns e para outros”, nin cando se trataba da administrativa do IGC nin da arbitraxe xudicial. Citou o exemplo de dúas persoas xubiladas e de escasa formación que aínda non recuperaron os aforros atrapados, que teñen de diferente coas que cobraron integramente as cantidades? Inquiriu Gallego a Rueda. A única diferenza e que as pillaron decisións diferentes do Goberno respecto da arbitraxe, sentenciou a deputada socialista.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar