Carmen Gallego acusa á Xunta de privatizar os servizos sociais “cargándolle o custe aos usuarios”

Carmen Gallego acusa á Xunta de privatizar os servizos sociais “cargándolle o custe aos usuarios”

Carmen Gallego acusa á Xunta de privatizar os servizos sociais “cargándolle o custe aos usuarios”

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista di que as novas carteiras de servizos “carecen de orzamento e persoal”

Sinala que a Xunta ten que aumentar a Risga porque “as súas políticas fan que a xente sexa mais pobre”

carmen gallegoA portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou hoxe á Xunta de privatizar os servizos sociais “cargándolle o custe aos usuarios” a través de repagos, co que “deixarán de ser servizos de calidade”. Así o dixo na comparecencia da conselleira de Traballo e Benestar sobre o novo modelo de servizos sociais, que tivo lugar hoxe no Parlamento.

Gallego explicou que o novo modelo en realidade supón que ao non incrementar reducir o orzamento e o persoal, externalizan os servizos para facilitar a entrada da empresa privada e asumir un modelo propio do século XIX facendo dos centros de día e residencias “aparcadoiros de persoas”. Dixo que “non ofrecen nin novos servizos, nin mais orzamento nin mais persoal”, co que “así non hai carteira de servizos que resista salvo que a privaticen”.

Denunciou que “poñen a rendibilidade por enriba da necesidade” aumentando o custe aos usuarios baixo o eufemismo da “intensidade de goce do servizo”, co que agochan que “aquel que teña unha dependencia de maior grao terá que pagar mais”. Acusou ao goberno galego de empregar a propaganda para “evitar falar dos problemas principais dos galegos mentres deterioran e privatizan os servizos públicos.

A deputada socialista acusou tamén á conselleira de ter rexeitado o diálogo e consenso cos profesionais dos servizos sociais e cos concellos, aos que “todo o que fai é enviarlles enquisas e desbotar o que lles piden”. Advertiu que “o que fan é volvelos tolos, xa que cada vez que adecúan as táboas de prezos e servizos presentan un novo decreto e teñen que empezar de novo”.

En definitiva, explicou que o goberno galego “non aumenta a cantidade de servizos e reduce cada ano a calidade dos que xa existen” reducindo en cada exercicio os orzamentos, e polo tanto os recursos e o persoal.

Risga

Carmen Gallego criticou que o aumento no orzamento da Renda de Inserción –Risga-, lonxe de supor un éxito “demostra que as políticas do seu goberno non fan mais que empobrecer á poboación”. Dixo que “o seu goberno non debera presumir de ter que aumentar esta partida, xa que é o fracaso mais evidente da súa política, con cada vez mais persoas baixo o risco da pobreza”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar