Carmen Gallego acusa á Xunta de “non facer nada sobre a rede natura en dous anos de xestión”

Carmen Gallego acusa á Xunta de “non facer nada sobre a rede natura en dous anos de xestión”

Carmen Gallego acusa á Xunta de “non facer nada sobre a rede natura en dous anos de xestión”

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Carmen Gallego, criticou que a Xunta leve dous anos co Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia “conxelado”. Dixo que non fixeron “nada” para permitir que os conselleiros “poidan seguir destrozando o territorio protexido”.

A responsable socialista esixiu ao conselleiro do Medio Rural que explique “por qué inclúen a Serra do Galiñeiro no Plan Eólico, e por qué manteñen en tramitación 10 parques eólicos dentro da Rede Natura e con especies protexidas e ameazadas”. Ademais, criticou que o Plan de Ordenación do Litoral e as directrices de Ordenación do Territorio excluíron as trabas para impedir construír plantas acuícola nos hábitats protexidos.

Acusou ao conselleiro de Medio Rural de “agochar nun caixón” o Plan Director da Rede Natura 2000 iniciado polo anterior goberno porque impediría estas actuacións en contra dos espazos protexidos galegos. Acusouno de exercer de “encubridor necesario dos conselleiros e conselleiras que se dedican a destrozar o territorio” e acusouno de “fincar o xeonllo diante dos intereses empresariais”.

Gallego acusou á Xunta de presentar hoxe un “suposto” Plan Director “que non existe porque non o coñecemos, non está publicado na web da Xunta, non foi sometido a exposición pública nin enviado ao Consello Galego de Medio Ambiente nin á Fegamp”. Engadiu que tampouco foi sometido a información pública nin a avaliación medioambiental estratéxica.

Ampliación

A parlamentaria socialista explicou tamén que hoxe Galicia conta cun 12 por cento do seu territorio protexido pola Rede Natura 2000, e esixiu o incremento deste territorio nun 6 por cento para acadar a media comunitaria do 18. Lamentou que a Xunta incumprira o compromiso de Feijóo de ampliar a Rede Natura “mesmo simplemente nun catro por cento”.

Sinalou que Galicia mantense hoxe ao mesmo nivel de protección que Ceuta e agora mesmo atópase “en tempo de desconto e con ameaza de sanción” por parte da UE polo incumprimento dos prazos para aprobar os plans dos Lugares de Interese Comunitario, que rematou no pasado mes de decembro.

Dixo que a Xunta “non fixo nada a prol da Rede Natura nestes dous anos”, nos que destinou “cero euros” á erradicación de especies invasoras, ás medidas compensatorias para espazos protexidos, conservación de espazos naturais ou conservación de árbores senlleiras. Lamentou que nas axudas a parques naturais destinaran tan só 42.000 euros, e á conservación de espazos naturais só 60.000 euros.

Fronte á inacción da Xunta nesta materia, explicou que o goberno socialista, deixou feita, na pasada lexislatura, a Zepa de Pena Trevinca, o Plan de Uso e Xestión do Monte Aloia, ou o Plan de Ordenación do Xurés. Tamén foi transferido o Parque Nacional das Illas Atlánticas, así como as illas de Sálvora e Cortegada, creaaron as xuntas consultivas dos parques naturais de Galicia ou o consello da rede de Parques Naturais de Galicia.

Tamén foi elaborado o inventario de humidais de Galicia, a reserva da biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón, a Reserva Internacional da Biosfera do Xurés-Gerês entre Galicia e Portugal, o catálogo galego de especies ameazadas, o observatorio galego da biodiversidade e o catálogo galego de árbores senlleiras, entre outras actuacións.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar