Carmen Gallego acusa a Hernández de usar fondos públicos para mentir e tentar enganar aos cidadáns

Carmen Gallego acusa a Hernández de usar fondos públicos para mentir e tentar enganar aos cidadáns

Carmen Gallego acusa a Hernández de usar fondos públicos para mentir e tentar enganar aos cidadáns

A secretaria de Medio Ambiente do PSdeG, Carmen Gallego, denunciou a utilización dos recursos públicos para facer publicidade institucional na que se engana á cidadanía así como para entregar a publicidade a empresas amigas.

En rolda de prensa, Gallego explicou que a campaña da Consellería de Medio Ambiente sobre o uso da auga, con insercións publicitarias nos xornais, “tenta enganar aos cidadáns, xa que nunha parte indica que o canon será universal e aplicado a todas as aglomera urbanas e propietarios de captacións propias e traídas veciñais –tal e como recolle a Lei de Augas do Goberno do PP- mentres na segunda parte di que os pozos particulares non terán que pagar o canon.

“E dicir, por un lado din que o canon será universal, e por outro que os pozos particulares non terán que pagar o canon”, o que supón “unha contradición que se corresponde coa cerimonia da confusión creada pola Xunta para transmitir á cidadanía cousas que non están la lei”, apuntou.

Gallego considerou “gravísimo” que a Consellería de Medio Ambiente utilice o diñeiro dos galegos e as galegas para tentar enganar á cidadanía e falsear a realidade. “Non hai máis que ver a lei publicada no DOG para saber a verdade, e non é de recibo que un Goberno gaste diñeiro para convencer aos cidadáns mediante mentiras”, criticou.

A socialista considerou “gravísimo” que Hernández utilice os fondos públicos para crear unha cortina de fume respecto á Lei de Augas “cando todos sabemos que está feita para subir o prezo da auga un 140 por cento e para cobrar polas traídas veciñais e os pozos”.

Campaña adxudicada a unha empresa vinculada a un alto cargo da Xunta

Por outra banda, a socialista tamén se referiu á campaña de Os Sostibles, encamiñada a ensinar aos cativos o uso racional da auga, e que foi trasladada aos concellos xunto a unha carta do presidente de Augas de Galicia na que lles pide que contribúan para o seu desenvolvemento cunha aportación de 6.475 euros –en conceptos como transporte, instalación de carpa, honorarios da axencia, entre outros-.

Unha campaña que ademais foi adxudicada sen concurso público, “a dedo”, a unha empresa vinculada a un antigo socio dun alto cargo da Consellería de Medio Ambiente, segundo sinalou Gallego.

“Non é de recibo que un Goberno faga para unha empresa determinada unha campaña, mentres lle pide diñeiro aos concellos para pagala”, denunciou a dirixente socialista.

Engadiu que ademais o Goberno galego paga deste xeito unha creatividade que xa foi contratada e pagada na anterior lexislatura, neste caso para unha campaña de aforro enerxético.

Por todo elo, anunciou que o Grupo Parlamentario dos socialistas galegos pedirá a comparecencia do conselleiro Agustín Hernández, “a fin de que explique no Parlamento como utiliza os recursos públicos, con que obxecto se fan as campañas de publicidade e quenes se están a beneficiar das mesmas”.

“Queremos que Hernández aclare como se fai unha campaña sobre o uso da auga que minte nos seus contidos, por que se pagan dúas veces as creatividades, e que aclare a vinculación dun alto cargo do seu gabinete cunha empresa de publicidade á que se lle adxudicou unha campaña mentres por outro lado se lle pedía aos concellos colaboración económica para a mesma”, explicou Gallego.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar