Carmen Gallego: “A sahariana é unha sociedade civil organizada, democrática e pacifista que merece vivir en liberdade”

Carmen Gallego: “A sahariana é unha sociedade civil organizada, democrática e pacifista que merece vivir en liberdade”

Carmen Gallego: “A sahariana é unha sociedade civil organizada, democrática e pacifista que merece vivir en liberdade”

A parlamentaria representante do Grupo Socialista no Intergrupo Parlamentario que visitou os territorios ocupados do Sáhara Occidental, Carmen Gallego, salientou hoxe, nunha rolda de prensa dos grupos, a asociación AGAPS e o Frente Polisario, que esperan que a súa presenza no Aaiún “como primeiro grupo interparlamentario que accede identificado como observador” contribúa a que no mes de abril, cando a ONU teña que renovar o seu mandato, se estenda non só á verificación do alto ao fogo, “senón que sirva para impedir tamén a violación dos dereitos humanos”, na excolonia española.

Gallego Calvar salientou que, a pesares da situación de ilegalidade pola negativa ao seu recoñecemento polas autoridades marroquís, “vimos unha sociedade civil organizada, democrática e pacifista”. Razón que anima a afondar na cooperación ao desenvolvemento.

Insistiu en que o mandato de Nacións Unidas debe garantir ao pobo sahariano “poida vivir en liberdade”. “As persoas alí teñen moitas dificultades para vivir con normalidade desde o punto de vista político, laboral e social”, denunciou Gallego. Estas dificultades se poñen máis de manifesto na muller, “con poucas oportunidades para o acceso á formación e logo aínda menos de desenvolver os seus coñecementos”. A muller sahariana, dixo a deputada socialista, “vive oprimida polo Goberno marroquí”.

A delegación interparlamentaria que viaxou aos territorios ocupados elaborará un informe conxunto que presentarán á Presidencia do Parlamento, aos gobernos de Galicia e España e aos organismos internacionais que velan polos dereitos humanos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar