Carmen Acuña reclama a comparecencia da conselleira de Sanidade para dar conta do agochamento da factura de farmacia

Carmen Acuña reclama a comparecencia da conselleira de Sanidade para dar conta do agochamento da factura de farmacia

Carmen Acuña reclama a comparecencia da conselleira de Sanidade para dar conta do agochamento da factura de farmacia

A portavoz de Sanidade advirte que o goberno galego quere cadrar o déficit trampeando as facturas de outubro a decembro deste ano

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, ven de solicitar a comparecencia da conselleira de Sanidade para explicar diante do Parlamento o agochamento da factura de farmacia do goberno galego. Acuña presentou esta solicitude logo da alerta lanzada dende o Ministerio de Sanidade polo descadre nas contas da sanidade galega.

A responsable socialista advertiu que o goberno galego cadrou o déficit de 2012 ao non declarar 21 millóns de euros dos meses de novembro e decembro que adiantou que quere facer o mesmo en 2013, desta volta cos meses de outubro, novembro e decembro.

Carmen Acuña reclamou tamén formalmente a documentación do goberno galego sobre a facturación das oficinas de farmacia de Galicia presentada polo Sergas e polos colexios oficiais de farmacia nos períodos afectados polo desfase da facturación do goberno galego.

Trampa e mentira

A deputada socialista lamenta que o goberno galego permaneza “instalado na trampa e na mentira”, logo de constatar que “menten coa palabra, enganan coa xestión e fan trampas coas contas e cos números para vender unha falsa imaxe de austeridade e de solvencia”.

Acusou ao goberno galego de presumir dun suposto aforro farmacéutico que en realidade é “unha trampa contable mais”. Lamentou que a Xunta tente de enganar mentres obrigan a pagar aos doentes a través de repagos na farmacia e, pola contra, os medicamentos que non son financiados polo sistema público teñen multiplicado o seu prezo por tres e ata por seis.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. Pablo Permuy
    Decembro 8, 2013 a 05:34

    Poderíase tamén preguntar, logo das múltiples declaracións do Presidente sobré o ben que paga esta Comunidad a os seis proveedores, cantas denuncias por impagos e reclamacións dos xuros de demora hai nestes entres nos culpados de Santiago de Compostela e a canto ascenden as cantidades reclamadas. Como algo sei diso, seguro que sí dieran resposta máis dun levaríase unha sorpresa

Deixar a resposta

Pechar