Carmen Acuña critica o desleixo da Xunta diante do uso de Galicia como “laboratorio de probas dos recortes” ao suprimir ao persoal de seguridade de Correos

Carmen Acuña critica o desleixo da Xunta diante do uso de Galicia como “laboratorio de probas dos recortes” ao suprimir ao persoal de seguridade de Correos

Carmen Acuña critica o desleixo da Xunta diante do uso de Galicia como “laboratorio de probas dos recortes” ao suprimir ao persoal de seguridade de Correos

Carmen Acuña advirte do “preludio á eliminación do servizo de correos” en toda España

correosA deputada socialista Carmen Acuña denunciou o desleixo e a conivencia da Xunta diante da supresión do persoal de seguridade das xefaturas de correos desta autonomía. A deputada socialista presentou unha iniciativa na Comisión de Política Institucional do Parlamento na que criticou a utilización de Galicia como “laboratorio de probas dos recortes do Estado”.

Acuña denunciou a pasividade do goberno galego diante desta situación, que supón que os traballadores da empresa de seguridade, a pesar de ter sido contratada ata 2015, en lugar de exercer o seu labor en Galicia, van ser trasladados a outros puntos do Estado. Denunciou que “é unha medida estatal que se vai xeneralizar en toda España, pero que de novo utiliza á Comunidade Autónoma de Galicia como laboratorio de probas.

A deputada socialista reclamoulle ao goberno galego que explique os motivos deste recorte cando en Galicia aumentan os roubos con forza un 7 por cento ata setembro e un 26,8 por cento os roubos en domicilios.

Dixo que o goberno galego debe explicar quén asumirá a responsabilidade da seguridade e si serán os funcionarios os que desempeñen os traballos de seguridade. Lembrou que primeiro baixáronlle o soldo aos funcionarios, “agora trátase de obrigalos a asumir tarefas que non se corresponden coa súa función, e pouco quedará para que lles encarguen a limpeza dos centros de traballo previa dotación dunha escoba” ironizou.

Denunciou un “novo deterioro dun servizo público” que supón “a antesala á súa eliminación”, logo de constatar os recortes aplicados aos carteiros do rural e das vilas de Galicia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar