Carmen Acuña advirte que a Xunta está a agochar as facturas da farmacia hospitalaria dende outubro

Carmen Acuña advirte que a Xunta está a agochar as facturas da farmacia hospitalaria dende outubro

Carmen Acuña advirte que a Xunta está a agochar as facturas da farmacia hospitalaria dende outubro

A portavoz de Sanidade reclámalle á conselleira de Sanidade que “volva á medicina privada, marche e leve con vostede ao presidente da Xunta”

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, advertiu que a Xunta está a agochar este ano as facturas da farmacia hospitalaria de outubro, novembro e decembro. Así o dixo no debate dunha Interpelación na que lle reclamou á conselleira de Sanidade que “volva á medicina privada coa súa mentalidade mercantil, marche e leve con vostede ao presidente da Xunta”.

Acuña advertiu que logo de agochar 21 millóns de euros de farmacia hospitalaria dos meses de novembro e decembro de 2012, como advertiu o Ministerio de Sanidade, mantéñense “instalados na trampa e na mentira” agochando este ano as receitas dende o mes de outubro. Criticou que o goberno de Feijóo “minte coa palabra, engana coa xestión e fai trampas coas contas e cos números”.

A responsable socialista reclamoulle á conselleira de Sanidade que “volva á medicina privada, pois ten vostede a mentalidade mercantil que se precisa nela e leve con vostede ao presidente da Xunta”. Pediulle que “deixe en paz ao sistema público, onde o criterio da universalidade, da equidade, da gratuidade e da calidade é o contrario do que vostede e o señor Feijóo pensan”.

Amosou o seu apoio á folga da sanidade para “dicir non aos recortes, aos copagos e ás privatizacións, non ás xubilacións forzosas e ás unidades de xestión” e a favor de “recuperar a universalidade, a equidade, a gratuidade e a calidade que tiña a nosa sanidade pública antes de chegar o PP”.

Cualificou de “indigno” que o goberno “cobre aos enfermos de cancro nas farmacias hospitalarias, mentres presume de construír o Hospital de Vigo tres veces mais caro, de gastar 40 millóns de euros en equipamento informático e cando acaban de privatizar ata a espera coa nova Lei de Garantías”.

Acusou ao goberno galego de falar de aforro farmacéutico cando a realidade é que obrigan a pagar aos doentes a través de repagos na farmacia, mentres os medicamentos que non son financiados polo sistema público teñen multiplicado o seu prezo por tres e ata por seis.

Torsión testicular
Subliñou que “basta xa de trampas, mentiras, enganos, recortes e privatizacións”, e preguntoulle si “durme tranquila” logo do caso do rapaz afectado dunha torsión testicular que foi enviado de Ourense a Vigo logo da supresión do servizo de cirurxía pediátrica naquela provincia. Criticou que o presidente da Xunta “aínda por riba pretende culpabilizar ao profesional que valorou ao neno”.

Lembrou que ela mesma advertía días atrás do risco de que se producira este caso específico, que precisa de ser atendido antes de seis horas para reducir o risco de perda do testículo, unha marxe que non foi respectada por carecer do servizo en Ourense.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar