Carmela Silva pídelle ao Goberno que deixen de tratar aos emigrantes retornados como uns grandes defraudadores

Carmela Silva pídelle ao Goberno que deixen de tratar aos emigrantes retornados como uns grandes defraudadores

Carmela Silva pídelle ao Goberno que deixen de tratar aos emigrantes retornados como uns grandes defraudadores

A actitude de prepotencia de Cristóbal Montoro cara aos pensionistas emigrantes retornados aos que impuxo sancións desmesuradas, obriga ao PSOE a seguir defendendo a este colectivo co que adquiriu un compromiso incuestionable

Tras varios intentos por parte de moitos dos grupos parlamentarios da oposición, e especialmente e de xeito máis contundente do Grupo Socialista, o Ministro de Facenda, Cristóbal Montoro non mostrou nin un ápice de raciocinio ou, polo menos, sensibilidade, cara aos pensionistas retornados aos que se esixiron multas e intereses de demora absolutamente desproporcionados por non declarar as pensións que chegaban dende o exterior como a propia Axencia Tributaria lles informaba.

Na súa loita incansable pola defensa dos seus dereitos, os pensionistas galegos que se encontran nesta situación, 200.000 segundo cifras facilitadas polos propios afectados, conseguiron que a Conselleira de Facenda da Xunta de Galicia se reúna cunha representación do colectivo e, especialmente, lles confirme que instou á Axencia Tributaria a que amplíe os prazos de pagamento e actúe con sensibilidade á hora de impoñer sancións.

Non obstante, a Axencia Tributaria, a mesma que cesa a unha inspectora por denegar as alegacións dunha grande empresa que lle evitaba así pagar os impostos que por lei debe pagar, é a que condena aos emigrantes retornados a situacións insostibles que poden supoñer, en moitos casos, un paso definitivo cara a unha exclusión social difícil de solucionar, xa que lles obriga a pagar débedas inasumibles por este colectivo.

Toda esta situación altamente preocupante, non deixa indiferente ao Partido Socialista, polo que Carmela Silva, deputada pontevedresa e secretaria federal de emigración do PSOE, presentou unha nova pregunta no Parlamento na que solicita información sobre as actuacións que a Axencia Tributaria está a desenvolver para frear as sancións que se están a impoñer aos xubilados retornados e, especialmente, solicitan ao Goberno que deixen de tratar a este colectivo como uns grandes defraudadores de diñeiro público cando recibían unha información incorrecta por parte da Axencia Tributaria.

É evidente, como recoñeceu a propia responsable de Facenda da Xunta de Galicia, que non houbo "ánimo defraudatorio" algún por parte dos retornados xubilados, o que moralmente obriga a que non sexan tratados estes peor que os grandes evasores fiscais deste país aos que se lles concede, por parte do señor Montoro, a graza de legalizar o diñeiro defraudado no noso país cunhas vantaxes de todo inxustas e antisociais.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar