Caride solicita a comparecencia dos representantes da Xunta na comisión de control de NCG

Caride solicita a comparecencia dos representantes da Xunta na comisión de control de NCG

Caride solicita a comparecencia dos representantes da Xunta na comisión de control de NCG

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, reclamou hoxe a comparecencia dos representantes da Xunta nas comisións de Control de NCG, Caixanova e Caixa Galicia “diante da conmoción social derivada da perda da caixa galega e logo de coñecer as indemnizacións millonarias aboadas aos exdirectivos da caixa”.

A responsable socialista tamén presentou unha batería de preguntas orais e por escrito para que os responsables das áreas de recursos e análise orzamentaria e de análise financeiro a explicar si solicitaron a devolución das indemnizacións dos directivos, que superan os 40 millóns de euros, así como as medidas tomadas logo de que os medios de comunicación denunciaran estes pagos.

Caride reclama ao goberno galego que explique qué órgano validou as indemnizacións dos directivos, e que expliquen si podían dispor desa información, si a podían solicitar e si amosaron o seu rexeitamento ao pago, e si as coñecían antes da saída dos altos cargos da entidade.

A parlamentaria socialista reclamou á Xunta que presente a relación de tódalas reunións da Comisión de Control ás que acudiu o representante da Xunta, así como as ordes do día e asuntos tratados nelas. Reclama ao goberno galego que dea conta tamén da información solicitada a este órgano.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar