Caride sinala que os orzamentos da Xunta “son os da decepción e dan as costas aos galegos”

Caride sinala que os orzamentos da Xunta “son os da decepción e dan as costas aos galegos”

Caride sinala que os orzamentos da Xunta “son os da decepción e dan as costas aos galegos”


A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, dixo hoxe que a Xunta ven de presentar “os orzamentos da decepción e de dar as costas aos galegos e galegas”. Así o dixo logo de analizar as contas presentadas polo goberno galego cos que Feijóo “mais que duplica” a débeda que ten recibido e “da cobertura á privatización dos servizos públicos”.

A responsable socialista considera “desalentador e decepcionante” que o endebedamento non se traduza na mellora das políticas sociais nin da situación económica de Galicia. Reclamou a Feijóo que “transforme o conformismo nunha actitude proactiva” e reclamoulle “que non claudique diante da crise e colla as riendas para mellorar a economía galega”

Caride advertiu que “o único que medra é o gasto financeiro -97 millóns de euros-” co que entre 2011 e 2012 “dedicaremos a pagar os intereses da débeda 492 millóns de euros, mais do que custa o Hospital de Vigo”. Con estes datos, a finais de 2012, a débeda superará os 8.000 millóns de euros sen ter en conta o financiamento público – privado, co que cada familia galega de 3 membros deberá 9.000 euros.

Sumando o correspondente ao financiamento público – privado, do xa comprometido e da previsión para o ano 2012 “cada familia deberá 12.000 euros a finais de 2012” só para “amortizacións ou pagos ás empresas privadas que terán que ser atendidos nos proximos 20 anos”. Lamentou que este “panorama mais que desolador” está provocado por un endebedamento que “nin impulsa a economía nin mellora os servizos públicos”.

A responsable socialista dixo que os orzamentos da Xunta eluden o desenvolvemento empresarial, o investimento público, e o gasto social, Sinalou ademais que os recortes de 2012 únense os xa producidos na lexislatura que esta a provocar o debilitamento da economía galega e o abandono das familias.

Lamentou que mentres Galicia “bate récords de EREs, somos líderes en destrución de emprego de España e a autonomía co máis peches de empresas na primeira parte de 2011”. E insistiu cando ademais “o que mais descende son as partidas para desenvolvemento empresarial”.

Estas partidas diminúen este ano 131 millóns de euros, o que supón que nesta lexislatura Feijóo recortou estas partidas nun total de 542 millóns de euros.

Engadiu que a Xunta recorta en 2012, 63 millóns de euros as partidas destinadas a investimentos produtivos, recortando de novo 23 millóns ás infraestruturas, 19 á actividade industrial e reduce a promoción de chan empresarial á metade. No que vai de lexislatura, Feijóo recortou 1.083 millóns de euros para investimento produtivo correspondente a bens e servizos económicos.

Privatización de servizos sociais

A responsable socialista acusou a Feijóo de recortar drasticamente as partidas de servizos sociais nos tres últimos orzamentos “para dar cobertura á política de privatizacións, especialmente á privatización da sanidade, que os socialistas galegos non vamos tolerar”. Lembrou que, en conxunto, o desenvolvemento empresarial, a produción de bens e servizos sociais e económicos acumulan un recorte de 3.000 millóns de euros, que se traducen en mais paro, peores servicios e a perda de peso da economía de Galicia.

Caride lembroulle a Feijóo que os servizos sociais “non se pagan con porcentaxes”, e apuntou que neste ano ten reducido os 41 millóns de euros á produción de bens e servizos sociais, co que xa acumula 1.440 millóns de recorte.

A parlamentaria socialista apuntou que a Xunta “da as costas a quen mais o necesita”, xa que mentres os demandantes da Renda de Integración Social –Risga- aumentan nun 53 por cento a Xunta só incrementa esta partida nun 4,4 por cento. Reclamou que expliquen “a quén van pagar as axudas e a quén van deixar na exclusión e na pobreza”.

Finalmente, reclamou “maior esforzo e unha xestión mellor dos recursos e da loita contra o fraude fiscal” para obter maiores ingresos, así como o “desenvolvemento dun programa económico decidido para paliar a situación económica a favor das empresas e as familias galegas”. Valorou así como “correcta” a recuperación do imposto do Patrimonio para gravar ás rendas mais altas logo de que o PP o cualificara de “inxusto, inútil e obsoleta”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar