Caride sinala que o PP “quere que os traballadores paguen tódolos custes mentres o capital escapa”

Caride sinala que o PP “quere que os traballadores paguen tódolos custes mentres o capital escapa”

Caride sinala que o PP “quere que os traballadores paguen tódolos custes mentres o capital escapa”

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, dixo hoxe que o PP “renega de que os que mais teñen aporten mais” obrigando aos traballadores a “pagar o prezo da crise”. Así o dixo logo de que o PP rexeitara na Comisión de Economía dúas iniciativas socialistas para aplicar o imposto do Patrimonio e derrogar a orde que aumenta artificialmente os prezos dos inmobles rústicos.

Caride criticou que “o modelo do PP é que sexan as rendas do traballo as que pagan tódolos custe, e que as rendas do capital escapen”. Así o dixo logo de que o PP rexeitara aplicar o imposto de Patrimonio para que os 9.000 galegos e galegas con mais de 1 millón de euros “aporten para unha sanidade e educación mellor ou para xerar emprego”, o que permitiría recadar mais de 40 millóns de euros.

Acusou aos “populares” de “insolidarios” pór “protexer” ás grandes fortunas evitando que xa que teñen mais aporten unha contía adicional á caixa común. Advertiu, en alusión ao rexeitamento do voceiro  popular ao imposto aos beneficios da banca que “se opoñen frontalmente a que a banca pague ningún imposto para xerar emprego, pero cando necesitan recursos porque teñen un problema consideran normal e habitual que paguemos todos”.

Dixo que “os socialistas non entendemos o que defende o goberno da Xunta” logo de que o presidente da Xunta renunciara a aplicar o imposto ata despois das eleccións do 20 de novembro. Dixo que “non sabemos si é que Galicia renuncia ao imposto porque  lle soban  os recursos”, polo que reclamou hoxe que a Xunta se dirixa ao goberno central para que recupere esta taxa “goberne quen goberne”.

Sinalou que estas aportacións poderían dedicarse a atender a mais de 6.000 dependentes, a estender un plan de choque do emprego xuvenil a 2.500 mozos e mozas,  volver a incorporar a 1.000 mestres ao sistema educativo ou axudar ás 60.000 familias sen ningún membro con traballo. Dixo que “Galicia non debera renunciar a mais recursos porque o benestar dos galegos e galegas está por riba do dos mais afortunados”.

Destrución do Estado do Benestar

A responsable socialista acusou ao PP de empregar a crise económica para levar a cabo “a destrución do Estado do Benestar” empregándoa como “argumento para privatizar a sanidade e os centros de dependencia”. Criticou que o presidente da Xunta abra a porta ao copago en sanidade ou educación mentres permanece “ausente, sen amosar capacidade económica ou iniciativa e renuncia a recadar mais recursos”.

Caride amosou a súa “oposición frontal ao financiamento dos servizos públicos esenciais a través do copago”, tal e como anticipou o presidente da Xunta ao sinalar que “estudiaremos que quen ten mais pague mais polos servizos públicos” poñendo como exemplo a eliminación do dereito aos libros de texto gratuítos.

A parlamentaria socialista lembrou que “existe un pacto social entre todos para que prevalezan os piares básicos dun Estado do Benestar equitativo e redistributivo que ofreza servizos sociais básicos para todos  por igual”. Advertiu así que si o presidente da Xunta elimina o dereito aos libros gratuítos “por qué non vai facer que se pague por unha operación de corazón, pola escola, atención primaria ou polo unha ambulancia”.

Inmobles

Caride acusou hoxe tamén ao PP de executar “unha política fiscal doce e quente con quen mais ten e fría e despiadada cos que menos teñen”. Así o dixo logo de que este grupo rexeitara unha iniciativa socialista para derrogar o decreto que fixa os prezos medios de bens rústicos, elevándoos artificialmente por riba do prezo do mercado para cobrar mais polo imposto de transmisións.

Acusou ao PP de “darlle voltas para non recoñecer que se equivocaron, que se lles foi a man e intentar confundir vestíndoo de loita contra o fraude fiscal”. Reprochoulles así que a Xunta non teña entregado ningún informe que sustente esta suba de prezos do 30 por cento de media en plena crise inmobiliaria, tal e como solicitaron os socialistas, mentres eluden responder ás alegacións feitas a esta orde tamén polos socialistas.

Dixo que mentres a Xunta presume de baixar impostos ao mesmo tempo súbelles “pola porta de atrás” o prezo dos inmobles “a tódolos galegos indiscriminadamente” para aumentar ao mesmo tempo o imposto de transmisións para quen teña que cambiar a titularidade do seu inmoble.

 

Así, sinalou que un piso de 8 anos e 150 metros cadrados de Ponteareas que en 2007 custou 280.000 euros, hoxe a Xunta valórao en 500.000, e un de 50 anos no centro de Vigo pasou dunha valoración de 184.000 euros a 277.000. Lamentou que o executivo se preocupe de aumentar estas valoracións mentres “preocúpanse tan pouco da valoración que fan os bancos para as execucións hipotecarias”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar