Caride reclama a comparecencia urxente da Xunta para dar conta do fracaso de Feijóo na valoración de NCG

Caride reclama a comparecencia urxente da Xunta para dar conta do fracaso de Feijóo na valoración de NCG

Caride reclama a comparecencia urxente da Xunta para dar conta do fracaso de Feijóo na valoración de NCG

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia reclamou hoxe a “comparecencia urxente da Xunta de Galicia para dar conta do fracaso de Feijóo na valoración de NCG”. Os socialistas galegos presentaron hoxe unha solicitude de comparecencia e unha Interpelación para que o Goberno galego dea conta na próxima sesión plenaria.

Caride cualificou a valoración de “moi mala noticia para Galicia, que ten perdido a caixa” e, engadiu, “merecemos algunha explicación de por qué chegamos a esta situación”. Cualificou de “fume” o compromiso do presidente da Xunta “que presumía de manter un 15 por cento, o que xa de por si era extremadamente baixo, e hoxe nos atopamos con que a realidade é que temos o 7 por cento, menos da metade do que prometeu Feijóo”.

Preguntou “ónde están os compromisos e a palabra do presidente da Xunta, que prometeu un 15 por cento e temos un 7, e prometeu que mantiña a obra social e ao final non é así”. Reclamou á Xunta que explique “qué obra social vai poder facer a entidade con menos de 5 millóns de euros para repartir en 3 anos, a realidade é que non hai obra social”.

A responsable socialista sinala que Feijóo “debería abandonar a súa estratexia de vender titulares baleiros de contido mentres externaliza responsabilidades e dar a cara no Parlamento de Galicia para explicar ónde quedou a nosa caixa”. Do mesmo xeito, os socialistas reclaman “coñecer por qué formamos parte do pequeno grupo de tres entidades que precisa recapitalización maioritaria do Frob, mentres outras CCAA manteñen o control maioritario de entidades bancarias vinculadas aos seus territorios”.

Así, dixo, “aínda que a partir de agora sexa posible recuperar parte do capital de NCG, a realidade é que este caerá en inversores privados con intereses privados e que levarán os beneficios ás súas contas e non a Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar